O BNG pide ao goberno local e à Xunta medidas con carácter imediato de apoio á hostalaría

Para o BNG a administración local debería deixar sen efecto e suspender, con carácter automático, todos aqueles tributos municipais que gravan a actividade destes locais, a empezar pola ocupación do espazo publico para a ocupación de terrazas que xa non poderán habilitar e a continuar co suspensión das taxas de auga, lixo, depuración e saneamento que se xestionan desde o concello de Ferrol.
O BNG pide ao goberno local e à Xunta medidas con carácter imediato de apoio á hostalaría

Ferrol 4 de novembro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol participou, esta mañá na praza de Armas, na concentración desenvolvida polos hostaleiros e hostaleiras, os e as comerciantes da cidade e que teñen por obxectivo reclamar solucións diante da situación provocada polas actuais restricións existentes no sector e máis tras o anuncio feito no día de hoxe polo presidente da Xunta da clausura da actividade hosteleira nas sete cidades galegas.

 

Desde o BNG e diante desta situación pensamos que hai dúas medidas a adoptar urxentemente por parte do goberno municipal e por parte da Xunta de Galiza.

 

Para o BNG a administración local debería deixar sen efecto e suspender, con carácter automático, todos aqueles tributos municipais que gravan a actividade destes locais, a empezar pola ocupación do espazo publico para a ocupación de terrazas que xa non poderán habilitar e a continuar co suspensión das taxas de auga, lixo, depuración e saneamento que se xestionan desde o concello de Ferrol.

 

En segundo lugar, desde o BNG pensamos que a Xunta de Galiza debería implementar a par que se desenvolven este tipo de restricións de actividade medidas de carácter paliativo cara un sector que verá impedido o desenvolvemento da súa actividade laboral e que polo tanto non terá recursos económicos para facer fronte a moitos gastos que terán que seguir enfrontando., a comezar polo pago dos alugueres dos locais nos que desenvolven a súa actividade que queda ao albur da propiedade a súa condonación aínda que a Xunta de Galiza impedira a súa actividade ao longo do próximo mes. Para o BNG é urxente que por parte da administración autonómica se adopten medidas de carácter autonómico que acompañen estas restricións e que permitan subsistir a un dos sectores mais afectado polas consecuencias económicas da crise sanitaria que estamos a vivir desde inicio de ano.

O BNG pide ao goberno local e à Xunta medidas con carácter imediato de apoio á hostalaría