O BNG reclama axudas aos sectores afectados polos peches e restricións, non rebaixas ás grandes empresas.

Concentración hostalería  foto Miguel Anjo González
Concentración hostalería foto Miguel Anjo González
Resulta un pouco cansino que desde o goberno local se reproduzan os mesmos argumentos de sempre nunha situación que si algo ten é carácter excepcional. Porque a proposta de modificación de ordenanzas incide na liña económica de rebaixas fiscais aos que máis teñen emprendida por este goberno desde o inicio do mandato.
O BNG reclama axudas aos sectores afectados polos peches e restricións, non rebaixas ás grandes empresas.
Ferrol 8 de novembro de 2020. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol participou hoxe novamente na mobilización convocada polos hostaleiros e hostaleiras da cidade que están a reclamar solucións e alternativas para poder desenvolver a súa actividade durante os próximos meses.


Por estas razóns resulta un pouco cansino que desde o goberno local se reproduzan os mesmos argumentos de sempre nunha situación que si algo ten é carácter excepcional. Porque a proposta de modificación de ordenanzas incide na liña económica de rebaixas fiscais aos que máis teñen emprendida por este goberno desde o inicio do mandato.


Primeiro eximiu á Autoridade portuaria de pagar IBI, despois non reclamou ao Mº de Defensa os tributos que ten obriga de pagar, nin se inmutou polo feito de que Navantia non pague IBI e agora en plena peche da hostalaría este goberno propón rebaixas no IAE ás grandes empresas.


Para O BNG o goberno local desta cidade parte do dogma de fe ultraliberal falso que consiste en pensar que se lles subimos os impostos ás grandes empresas, isto vai a provocar unha perda de emprego.


Os únicos beneficios que provocan as exencións de impostos ás grandes empresas e ós grandes propietarios desas empresas é converter ós ricos e ás ricas en máis ricos e máis ricas, pero non xeran emprego ningún. E se hoxe hai algún político ou política que considera que baixarlle os impostos ás grandes empresas xera emprego, é obvio que sería un político ou unha política nefasta e basicamente esta proposta vai nese sentido.


A proposta de modificacións das ordenanzas fiscais do concello de Ferrol é repetitiva, conservadora e lonxana da realidade.


Repititiva porque recolle as propostas xa formuladas polo PP en 2017 e rexeitadas polo pleno municipal. É incomprensible que desde o actual goberno local se pretenda dar solucións a sectores concretos como o hostaleiro mediante propostas de hai máis de 2 anos pensadas para beneficiar ás grandes empresas e asinar un convenio coa Xunta de Galiza denominado Doing Buissness.


É reaccionaria porque parte do argumento de sempre no que se xustifican as axudas aos que máis teñen porque estes despois repercutirán estas axudas nos que menos teñen.


1. Rebaixas no IBI aos propietarios dos locais e non aos autónomos ou PEMES que desenvolven a súa actividade. O goberno local, con esta proposta deixa na man dos propietarios a aplicación desta bonificación e a sú repercusión ou non nos alugueiros aos arrendados. É dicir, a política fiscal sobre os inmobles en Ferrol xa non a decide o goberno, decídena os propietarios de locais.


2. Rebaixas no IAE, que na nosa cidade afecta a moi poucas empresas por aplicarse exclusivamente sobre aquelas empresas que facturen máis de 1M de euros. É dicir non beneficia a aqueles pequenos ou a aquelas pequenas iniciativas que se poidan desenvolver e moito menos ao sector máis afectado como son os locais de hostalaría que terían que vender moitos cafés para chegar a facturar 1M de euros.

Ademais esta modificación está pensada para actividades que teñen que declararse como de interese público para este concello. É dicir, se Navantia, Navantia 4.0 decide ampliar as súas instalacións, ademais de non pagar IBI, terá unha redución do IAE dun 50%.


Propostas que demostran que o goberno local pretende aproveitar o contexto actual de crise para introducir pola porta de atrás rebaixas fiscais as grandes empresas e propietarios mentres os pequenos agonizan.


E é unha proposta alonxada da realidade porque os sectores que pechan durante este mes non son as grandes empresas e propietarios.


Son a hostalaría, e actividades destinados ao comercio, ximnasios ou pequenos establecementos que sufrirán unha baixada substancial da súa actividade e aos que en nada lles vai axudar unha rebaixa no IAE ou no IBI dos locais onde están alugados.


Para o BNG as axudas a estes sectores deben ser directas e non a través dos propietarios mediante bonificacións dos alugueiros que deixan ao albur do propietario ou propietaria a repercusión da rebaixa do IBI no alugado ou non.


Deixar de pagar dúas veces polo mesmo a dúas empresas diferentes como son ACUAES e EMAFESA na taxa de depuración coa conseguinte rebaixa no que se lles cobra aos veciños e veciñas.

Modificar as ordenanzas de lixo, auga e saneamento para que as bonificacións afecten aos que máis o precisan.


Crear unha bolsa de baixos baleiros municipal con prezo de alugueiro taxado polo concello ou acometer dunha vez o proceso de recuperación urbana do centro da cidade comezando pola peonalización integral do barrio.


É lamentable ademais que por parte do goberno se pretenda facer chantaxe coa exención de pagar pola ocupación de mesas e cadeiras en espazo público para adoptar estas modificacións no IBI e no IAE.


O BNG considera que a exención pola ocupación de mesas e cadeiras é obrigada desde o venres pasado porque non se lle pode cobrar aos hostaleiros por un dereito que non teñen e o PSOE, ademais de que a proposta que pretende levar ao pleno deste mércores é para aplicar o ano que ven e no canto de facer unha proposta independente para cada unha das modificacións presenta unha proposta conxunta de modificación destas ordenanzas fiscais.


Do mesmo modo lamentamos que a celeridade para modificar o IAE e o IBI as grandes empresas non sexa equivalente a que hoxe precisan os sectores máis afectados como a hostalaría para aprobar a exencións nas taxas e tributos municipais ou o plan de axudas que todos os grupos municipais apoiamos.
O BNG reclama axudas aos sectores afectados polos peches e restricións, non rebaixas ás grandes empresas.