O BNG Pide ao concello que celebre o Mercado de Nadal nas mesmas condicións que en anos anteriores

Iván Rivas coas artesás da cidade
Iván Rivas coas artesás da cidade
Iván Rivas, portavoz do BNG, lamentou a situación actual na que se atopan as artesás da nosa cidade pendentes do futuro do mercado. Unha situación que non acaba de resolverse nin para a que o goberno local da unha expliación. Estamos a 7 de decembro e descoñecemos se en Ferrol vaise celebrar este mercado de nadal ao longo das vindeiras semanas.
O BNG Pide ao concello que celebre o Mercado de Nadal nas mesmas condicións que en anos anteriores

Ferrol 7 de decembro de 2022. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, acompañado de representantes do colectivo de artesáns ofreceu esta mañá unha rolda de presna para esixir ao goberno municipal explicacións a respecto da celebración na nosa cidade do Mercado de Nadal e pediu que o mesmo se celebre en condicións ventaxosas para as artesás da nosa cidade.

 

Iván Rivas, portavoz do BNG, lamentou a situación actual na que se atopan as artesás da nosa cidade pendentes do futuro do mercado. Unha situación que non acaba de resolverse nin para a que o goberno local da unha expliación. Estamos a 7 de decembro e descoñecemos se en Ferrol vaise celebrar este mercado de nadal ao longo das vindeiras semanas.

 

Rivas sinbalou que o mínimo que debería facer o goberno local é dar algun tipo de explicación como paso previo a adoptar algunha decisión que permita a celebración desta feira. Destacou que moitas persoas, que hoxe estan aquí acompañándonos, están pendentes deste feito. Así mesmo, desde o BNG descoñecemos se existe un contrato con algunha empresa para desenvolver esta actividade. Ademais lembrou que as artesás están a recibir ofertas dunha empresa determinada na que se lles ofertan espazos da nosa cidade para realizar esta feira cobrándolles uns impoprtes desorbitados que van entre os 1000 e os 2000 € sen que iso estea avalado por ningun departamento do goberno local

 

O BNG pon o foco na situación na que quedan às artesás que deciden non aderirse a oferta desa posibel feira, produto de descoñecer en que condicións, en que lugar e a duración da mesma e se conta co aval do concello de Ferrol. Ademáis, hai que ser conscientes de que hai persoas que deixaron de acudir a outro tipo de vilas e feiras porque desde o concello de Ferrol se lles indicou que ia desenvolverse esta feira. Por iso, para o BNG, o primeiro que deberia facer o goberno municipal é dar explicacións. Alguén debería explicar por que existe unha empresa que está enviando ofertas e propostas para instalarse nesta cidade durante as vindeiras semanas e se conta co aval municipla. Para o BNG, de non ser así, é o concello quen deberiá adoptar algunha iniciativa contra unha empresa que por vontade propia está adoptando medidas para esta actividaede.

 

Para Iván Rivas vai sendo hora que o goberno aclare se esta feira se vai celebrar, cando e onde e desde o noso punto de vista debería ser con carácter gratuito e de xeito directo organizada pola propia daministración local.

 

Mercedes Fano

 

Mercedes Fano, falou en nome das artesás afectadas por esta situación, e indicou que estamos diante dun caso de falta de organización, de falta de comunicación e de ocultismo por parte da administración local con respecto a ecelebración desta feira.

 

Lembrou que por parte do concello de Ferrol se lles indicou que este ano ia celebrarse este evento nas mesmas condicións que se celebrou os dous anos anteriores polo que as artesás decidiron agardar por este evento en vez de acudir a outras feiras.

 

Fano indicou que se desde o primeiro momento se lles explica que as condicións do concello para este ano ia ser unha feira cuns prezos tan elevados, que nin sequera vai durar un mes ( o ano pasado foron 38 días) terian tempo a organizarse e ou optar por outras feiras. Lembrou que a maioría destas feiras de nadal pechan as súas inscripcións en novembro, polo que agora non poden acudir a ellas.

 

Asi mesmo indicou que tiñan preparado material e traballo investido para esta feira que agora non saben que van facer con el, pensando en que, como lles dixeran desde o concello, ian poder contar cunha feira nas mesmas condicións que nos anos anteriores.

 

Resaltou que a causa do malestar non radica en que desde o concello se lles queira nos cobrar senon porque isto non foi o que se lles dixo e moito menos cos prezos tan elevados que sinalan.

 

Insiste na falla de comunicación e ocultismo por parte do concello xa que non se lles da ninguna explicación nin se lles da a oprtunidade de falar cos responsábeis municipais e indicou que igual que Regalarte se fai na carpa da praza de Armas o mesmo podería facerse co mercado de nadal.

O BNG Pide ao concello que celebre o Mercado de Nadal nas mesmas condicións que en anos anteriores