O BNG considera irrelevante para Ferrol a nova Delegación Comarcal da Xunta

Iván Rivas
Iván Rivas

Iván Rivas advirte que este tipo de medidas son pura retórica namentres a Xunta de Galiza non desenvolve ningún tipo de medidas concretas levando á cidade a unha situación límite.

O BNG considera irrelevante para Ferrol a nova Delegación Comarcal da Xunta

Ferrol 14 de xaneiro de 2022. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que a decisión do presidente da Xunta de Galiza, de dotar á comarca dun Delegado Territorial unicamente redundará en beneficio do Partido Popular que verá incrementado o seu plantel de altos cargos escollidos directamente polo señor Feijoo sen que isto supoña ningún beneficio para os veciños e veciñas de Ferrol.

 

Iván Rivas, portavoz nacionalista, sinala que o que pretende desenvolver o Presidente da Xunta no mellor dos casos é un ente xestor a través desta delegación territorial cando o problema radica en que non hai nada que xestionar. Se ademais temos en conta que os delegados territoriais son cargos cuxa función é fundamentalmente representativa e que dependen do resto de consellerías para contar con recursos económicos e capacidade para desenvolver proxectos excepto para celebrar contratos menores atopámonos con que a súa función vai ser irrelevante.

 

Iván Rivas advirte que este tipo de medidas son pura retórica namentres a Xunta de Galiza non desenvolve ningún tipo de medidas concretas levando á cidade a unha situación límite.

 

Para o BNG Queda claro que os anuncios do presidente da Xunta non son máis que unha maneira de eludir a súa responsabilidade coa cidade ao mesmo tempo que precariza a sanidade, o ensino e o transporte.

O BNG considera irrelevante para Ferrol a nova Delegación Comarcal da Xunta