O BNG esixe celeridade ao goberno local nas obras de Canido
Ferrol 28 de xuño de 2013. O Bloque Nacionalistas Galego de Ferrol esixiu esta mañá ao goberno local que extreme os controis de seguimento das obras municipais e evite que se produzan novos retrasos nas obras que se estan realizando no barrio de Canido e maís concretamente as que afectan a rúa Alonso López.
O BNG considera que os veciños e veciñas desta rúa e deste barrio da nosa cidade levan aguantado pacientemente as molestias ocasionadas polo devir destes traballos que foran paralizados e retomados con máis dun ano de retraso.
É por isto que desde o BNG esixmos ao goberno local que se asegure que os traballos se estan a realizar, logo das queixas veciñais pola nula presencia de operarios nos traballos da rúa Alonso lopez na ultima semana.
O BNG considera que estes traballos non soportan máis retrasos e esixiu ao goberno local que adopte medidas urxentes para correxir esta situación e garantir o cumprimento dos prazos de execución e que se solventen as molestias causadas aos veciños e veciñas.