O BNG cre que o Goberno Local quere limitar a participación dos veciños e veciñas nos plenos

O BNG cre que o Goberno Local quere limitar a participación dos veciños e veciñas nos plenos

 

Ferrol 25 de xuño de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o Goberno Local amparándose na necesidade de elaborar un plan de evacuación, accesibilidade e protección contra incendios do edificio municipal que conlevará a adopción de diferentes medidas na casa do Concello quere aplicar unicamente a limitación do aforo dos plenos. Así mesmo este plan debería, ademáis, vir avalado polos técnicos municipais.

Desde o BNG consideramos, por tanto, que o goberno municipal está a adoptar unha serie de medidas destinadas a limitar o acceso dos veciños e veciñas aos plenos municipais, que deben ser públicos, basándose en recomendacións de empresas externos e sen que estas medidas veñan avaladas por técnicos municipais. Ademáis cremos que as accións destinadas ao control e rexistro das persoas que pretendan acceder ao pleno e a obriga de realizar o acceso ao edificio por unha porta lateral non teñen xustificación na posible necesidade de evacuación do edificio senón en incidir nas limitacións e control  de acceso ao desenvolvimento ordinario dos plenos municipais aos que os veciños e veciñas desta cidade teñen o dereito de participar e asistir.

O BNG cre que o Goberno Local quere limitar a participación dos veciños e veciñas nos plenos