O BNG culpa do retraso do servizo de socorrismo á deixadez do goberno local

O BNG culpa do retraso do servizo de socorrismo á deixadez do goberno local

 

Ferrol 2 de xullo de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o retraso na entrada en funcionamento do servizo de socorrismo nas praias do concello é produto da deixádez e da mala xestión do goberno local.

O BNG sinala que máis alá de que este servizo poida poñerse en funcionamento maña ou pasado considera que o proceso de contratación da empresa que vai prestar o servizo demostra a inoperatividade do goberno municipal.

O BNG destaca que aínda foi no dia de onte, 1 de xullo, o día que debería entrar en funcionamento este servizo, cando o goberno municipal, a través da xunta de goberno local, aproba a contratación da empresa Tragsatec para realizar o servizo de socorrismo nas praias. Este retraso na contratación da empresa, cando xa se sabia que Tragastec ia ser a adxudicataria deste servizo e cando se sabia que o servizo tiña que cubrir os meses de xullo e agosto demostra que hai unha deixádez por parte do goberno municipal para desenvolver as funcións que se refiren aos servizos de socorrismo nas prais de Ferrol e unha mala xestión e inoperatividade para poder desenvolver estes traballos

Asi mesmo o BNG considera que a situación laboral na que desenvolvan o seu traballo os e as socorristas vinculadas a esta empresa é unha situación na que o Concello como administración publica non se pode inhibir.

O BNG destaca que os e as traballadoras estan a reclamar unhas condicións laborais similares as que se teñen noutros concellos e en base as que tiñan outros anos e a administración local non pode permanecer absolutamente en silencio e inhibirse nunha problemátrica na que o único que estan a reclamar son unhas condicións laborais xusta e máis cando Tragsatec é unha empresa pública.

O BNG considera un erro que o servizo que se quere prestar se reduza só aos meses de xullo e agosto, igual que aconteceu o ano pasado. Asi mesmo considera que o servizo de socorrismo nas prais do concello non ten por que prestarse a través dunha empresa e entende e defende que este podería ser prestado directamente polo concello, xestionado a administración local os procesos de contratación e contratando a veciños e veciñas desta cidade como xa se ten feito noutras ocasións e ampliando este servizo, tamén, ás quincenas de xuño e setembro nas que existe afluencia as praias e polo tanto existe risco que se debería cubrir.

O BNG culpa do retraso do servizo de socorrismo á deixadez do goberno local