O BNG di que Angel Mato e os alcaldes socialistas quedaron retratados co seu silencio diante dos orzamentos do Estado

IMG_20210105_134558
Iván Rivas
O BNG de Ferrol afirmou que Angel Mato e o resto de alcaldes socialistas xa quedaron retratados co seu silencio diante dos orzamentos xerais do estado, que non adican un só euro a nosa cidade e a nosa comarca. Para Rivas a proposta de Angel Mato e do Partido Socialista incide nunha fórmula xa probada e fracasada na nosa comarca precisamente polos incumprimentos e a marxinación que tanto o PSOE coma o PP someten a Ferrolterra cando dirixen o Goberno Central.
O BNG di que Angel Mato e os alcaldes socialistas quedaron retratados co seu silencio diante dos orzamentos do Estado
Ferrol 14 de xaneiro de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, afirmou esta mañá  que Angel Mato e o resto de alcaldes socialistas xa quedaron retratados co seu silencio diante dos orzamentos xerais do estado, que non adican un só euro a nosa cidade e a nosa comarca. Para Rivas a proposta de Angel Mato e do Partido Socialista incide nunha fórmula xa probada e fracasada na nosa comarca precisamente polos incumprimentos e a marxinación que tanto o PSOE coma o PP someten a Ferrolterra cando dirixen o Goberno Central.

Iván Rivas pregúntalle a Angel Mato a quen ten pensado representar nesa suposta mesa de traballo, se ao Partido Socialista de Ferrol ou a corporación municipal à que non lle preguntou a súa opnión sobre esta proposta. Ademais, lémbralle que como alcalde de Ferrol foi incapaz de alzar a voz nin defender a inclusión nos orzamentos xerais do estado, aprobados hai menos de un mes, partidas destinadas a paliar a principais eivas da nosa cidade como investimentos en Navantia, a mellora da nosa ría, a mellora das conexións ferroviarias da nosa cidade ou a compensación pola ocupación de terreos de Defensa, propostas todas elas aprobadas no pleno de Ferrol e que Angel Mato non só non quixo defender senón que silenciou.

O BNG considera que o primeiro que debería aclarar o alcalde da cidade son as propostas, as medidas e as alternativas que pretende poñer enriba da mesa, cousa que até o de agora non fixo e polo tanto só se representa a sí mesmo. Para o BNG, Angel Mato é libre de facer as asembleas do Partido Socialista que queira máis non como representante dunha corporación municipal que a día de hoxe permanece allea a estas propostas.

O BNG considera que Mato e os alcaldes socialistas da comarca buscan desviar o foco de atención sobre o principal responsábel de que Navantia se atope como está, da crise da industria auxiliar, de quen lle permite a Endesa pechar sen aportar unha alternativa, de quen nega  investimentos para rexenerar a ría, de quen manten o illamento de Ferrol sen mellorar as conexións ferroviarias e aumentando as peaxes da AP9, que non é outro que o Goberno Central do PSOE e Unidas Podemos. 

Asi mesmo Iván Rivas considera que a Xunta de Galiza é cómplice da situación que atravesa a cidade de Ferrol e a comarca de Ferrolterra, tanto no que ten que ver coa actual situación dos estaleiros produto de  enganos reiterados e anuncios sen concreción como os famosos floteis de PEMEX como nas concesións que outorgaron a empresas como Gamesa para montar as instalacións a cambio de 760W  en parques eólicos que adxudicou a Xunta, como nas subvencións que entregaron a Endesa para montar os ciclos combinados e que agora pechan, tolerando durante décadas explotar os nosos recursos natuarais con cartos públicos para agora marcharse sen máis.
O BNG di que Angel Mato e os alcaldes socialistas quedaron retratados co seu silencio diante dos orzamentos do Estado