O BNG e a asociación veciñal de Santa icía demandan a execución da residencia de maiores no Boial

DSC_0044
Iván Rivas e representantes da A.V.V. de Santa Icia
Para o BNG que Ferrol careza desta residenencia en Santa Icia é exclusivamente pola neglixencia tanto do Goberno local como da Xunta de Galiza. Cómpre lembrar, así mesmo, que xa ten pasado máis dun ano desde que o pleno do concello de Ferrol, en outubro de 2019, tratou por última vez este tema.
O BNG e a asociación veciñal de Santa icía demandan a execución da residencia de maiores no Boial

Ferrol 22 de xaneiro de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, anunciou esta mañá, nunha rolda de prensa conxunta con representantes da asociación veciñal “O Cruceiro” de Santa Icía, que no vindeiro pleno municipal presentarán unha moción para que a corporación acorde demandarlle á Xunta de Galiza a execución inmediata do convenio para a construción da residencia de maiores no Boial, en Santa Icía.

 

Iván Rivas, lembrou que desde o ano 2016 se nos leva dicindo que en Ferrol, na parroquia de Santa Icía, se ía desenvolver unha residencia de maiores. Concretamente o anuncio era que se ían construir 7 residencias nas sete cidades galegas e da prevista na nosa cidade seguimos sen ter noticias. Que Ferrol careza desta nova infraestrutura en Santa Icia é exclusivamente pola neglixencia tanto do Goberno local como da Xunta de Galiza. Cómpre lembrar, así mesmo, que xa ten pasado máis dun ano desde que o pleno do concello de Ferrol, en outubro de 2019, tratou por última vez este tema.

 

Desde o BNG cremos que despois dun ano, o partido Socialista de Ferrol e o Partido Popular de Ferrol o único que teñen feito é paralizar a execución desta residencia que é que debe de quedar claro que a súa ubicación ten que ser en Santa Icia. Ivan Rivas salientou que a todos os grupos políticos se lles hincha a boca dicindo que hai que desenvolver investimentos na zona rural ou que hai que adicar o POS integramente á zona rural pero que se realmente hai un compromiso cos veciños e veciñas da zona rural pasa por atender as súas demandas e neste caso concreto os veciños e veciñas da zona rural de Ferrol levan anos demandando a execución desta residencia en Santa Icia.

 

Non o fan por capricho a construción desta infraestrutura próxima as súas vivendas habituais facilita a súa vida que é basicamente o que se pretende conseguir con este tipo de instalacións, ademais existen outro tipo de razóns como é a proximidade ao complexo hospitalario de Ferrol desta residencia. Ademais a súa ubicación, no Boial, non precisa de ningún tramite administrativo, a maiores, para poder executar esta infraestrutura.

 

O BNG considera que xa vai sendo hora de rematar con enganos, mentiras e propaganda eleitoral que non se concreta en nada e que non están dispostos a tolerar que se siga enganando a xente nin aos veciños e veciñas de Santa Icia a quen lles prometeran esta infraestrutura no seu barrio.

 

O BNG quixo lembrar que esta residencia se incluía no plan da Xunta de Galiza “Como na Casa” un plan cunha vixencia de actuación entre os anos 2015-2020 e hoxe xa estamos no ano 2021 e seguimos sen saber nada desta residencia en Ferrol. O BNG considera, así mesmo, que no contexto actual cada vez se fai máis evidente a necesidade deste tipo de infraestruturas e que ademais estas infraestruturas se teñen que desenvolver a través dunha xestión pública das mesmas.

 

Entidade veciñal

 

Os representantes da asociación de veciños que xa participaran no pleno do mes de outubro de 2019 para defender a instalación desta residencia en Santa Icia insistiron en que eles siguen querendo que a mesma se constrúa no seu barrio na parcela comprometida para este fin.

 

Jose Lage directivo da entidade veciñal, indicou que lles parece unha tomadura de pelo que se lles diga que a residencia non pode ir no Boial porque é unha zona aillada. Lembrou que cando se decidira ubicar a residencia en Santa Icia se fixo en función de informes e valoracións por parte dos técnicos da Consellería e do Concello e de tres posibles ubicacións a máis idónea era a parcela do Boial.

 

Pola súa parte Jose Mosquera, presidente de asociación veciñal, defendeu a idoneidade desta parcela. Seria bo, dixo, que en vez de ter unha parcela sen limpar mellor ter un edificio que preste servizo a cidade. Lembrou que se lles prometeu esta infraestrutura que asi está recollido nos medios de comunicación e pediu que se cumpran as promesas e que non lle dean máis voltas.

O BNG e a asociación veciñal de Santa icía demandan a execución da residencia de maiores no Boial