O BNG demanda unha solución inmediata para o transporte por estrada
Ferrol 13 de setembro de 2025. O BNG de Ferrol tacha de caótica e vergoñenta a situación na que se encontran as liñas de autobuses que comunican a nosa cidade con A Coruña e Santiago, con continuo abandono de usuarios nas paradas e negativa das empresas a volver o percorrido establecido despois do remate das obras do Bulevar das Pías.
O concelleiro nacionalista Roberto Montero acusa a Xunta de Galiza e o alcalde de Ferrol de “mirar para outro lado e dilatar unha solución pola complicidade que manteñen permanentemente coa empresa Monbus”
Montero explica que as respostas da concelleira de Mobilidade de Ferrol Mª del Carmén Pieltain as preguntas relacionadas con está situación son que Monbus non fai caso a Xunta de Galiza, “pero non hai resposta de porque nunca se lle abre un expediente sancionador para esta empresa polos seus reiterados incumprimentos, as razóns parecen claras”.
O BNG tamén denuncia o abandono que sofre a estación de autobuses da nosa cidade por parte da xunta de Galiza, pola falla de atención os viaxeiros, locais pechados e falla de limpeza e por parte do concello con un entorno deteriorado e falla de iluminación.