O BNG demanda que se solventen os problemas da biblioteca municipal
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, advertiu ao Alcalde da cidade que non pode seguir mirando cara outro lado a respecto dos problemas de persoal do concello e instou ao Alcalde de cidade, Angel Mato, a que proceda á contratación, de xeito inmediato, do persoal necesario para que o servizo poida desenvolverse.
Ferrol 16 de xaneiro de 2023. Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera inadmisible a situación na que se atopa a Biblioteca Municipal e a pasividade amosada polo goberno local para resolver esta situación. O BNG da conta que levará esta problemática ao vindeiro pleno municipal e respalda a mobilización convocada para o vindeiro luns.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, advertiu ao Alcalde da cidade que non pode seguir mirando cara outro lado a respecto dos problemas de persoal do concello e instou ao Alcalde de cidade, Angel Mato, a que proceda á contratación, de xeito inmediato, do persoal necesario para que o servizo poida desenvolverse.
Para o BNG a obriga do goberno municipal é prestar este servizo e lembra que a situación actual é produto de que hai catro persoas que deixaron de traballar na biblioteca o que implica que o concello está incumprindo á súa obriga legal.
Ivan Rivas, lembra que a Biblioteca é un servizo esencial requerido na Lei de Bases de Rexime Local polo que o concello ten a obriga de prestalo e por tanto non hai xustificación para non ter dado continuidade as catro persoas cesadas nin para que agora non se poida contratar o persoal necesario para atendelo.
O BNG ve preocupante a deixadez do goberno local na xestión das bibliotecas municipais de Ferrol e lembran que de tres bibliotecas municipais que existían na cidade só permanece aberta a Biblioteca Central. O goberno municipal mantivo durante os tres últimos anos pechada a biblioteca de Caranza e non fixo ningunha intención de recuperar a existente no Centro Cultural Carvalho Calero tras as obras de rehabilitación deste edificio.
O BNG lembra que a biblioteca municipal central ademais dos problemas de horarios, ven reducindo ao longo dos últimos meses servizos que antes prestaba como a sala web ou os servizos de recollida de libros prestados ademais das actividades de fomento da lectura hoxe inexistentes.
O BNG considera necesario implementar outro tipo de política municipal e reforzar o servizo de bibliotecas da nosa cidade. Non é aceptábel que as bibliotecas municipais en Ferrol mingüen no canto de reforzalas, mellorar os seus servizos e ampliar os seus horarios facilitando a cidadanía o aceso a un servizo básico como é a biblioteca.