O BNG interpela ao Conselleiro de Educación polas obras de mellora do Concepción Arenal
O Deputado do BNG acompañado polo portavoz municipal, Iván Rivas, visitaron o centro para informar á dirección desta iniciativa. Mon Fernández indicou que a Xunta de Galiza non pode seguir evadindo a súa responsabilidade e instaa a acometer estes traballos tan necesarios nun centro que precisa dunha profunda reforma.
21 xan. 2023 - 17:11
Ferrol 21 de xaneiro de 2023. O pleno do Parlamento Galego abordará o vindeiro mércores a situación do IES Concepción Arenal. O Deputado do BNG, Mon Fernández, interpelará ao Conselleiro de Educación sobre a necesaria reforma integral das instalación do centro e a necesaria dotación dun novo espazo cuberto para as aulas de educación física.
O Deputado do BNG acompañado polo portavoz municipal, Iván Rivas, visitaron o centro para informar á dirección desta iniciativa. Mon Fernández indicou que a Xunta de Galiza non pode seguir evadindo a súa responsabilidade e instaa a acometer estes traballos tan necesarios nun centro que precisa dunha profunda reforma, xa que hai elementos do mesmo que teñen máis de 70 anos e presentan diferentes patoloxías polo paso do tempo.
Lembran desde o BNG que este é o centro educativo con máis historia da cidade de Ferrol, de feito en poucos anos vai conmemorar os 100 anos da súa existencia, aínda que é desde mediados dos anos 50 do século pasado que ocupa o edifico onde se atopa na actualidade.
Ademais da necesidade dun novo espazo cuberto para as aulas de educación física hai que sinalar que os corredores do centro presentan graves desperfectos, desgaste, humidades, e zócalos que están a desprenderse literalmente. A maioría das portas do centro non foron cambiadas desde a súa inauguración, o que provoca problemas cos sistemas de pechadura, por obsoletos, e deficiencias no illamento acústico das aulas. Así mesmo o denominado como casa do director presenta tamén un grave deterioro debido ás humidades provocadas polas deficiencias existentes na cuberta do instituto, e a fachada principal tamén sofre humidades e o desconchado da súa pintura.
Pola súa parte Iván Rivas, portavoz Municipal e candidato a alcaldía de Ferrol, defendeu a urxencia de acometer estes traballos e lembrou que estas propostas foron presentadas polo BNG no pleno municipal do mes de outubro e aprobadas por unanimidade. Un feito que non impediu que o portavoz municipal do PP votase a favor no concello e en contra no Parlamento galego á enmenda aos orzamentos da Xunta que recollía estas iniciativas.
Por este motivo o candidato á alcaldía de Ferrol demandou ao señor Rey Varela que abandone a demagoxia na que hoxe está instalado e que está a favorecer o deterioro do ensino público na cidade e en concreto nun centro de referencia para a comarca como este.