O BNG leva ao Congreso o tanque de tormentas do parque Pablo Iglesias

O BNG leva ao Congreso o tanque de tormentas do parque Pablo Iglesias

 

Ferrol 3 de xullo de 2013. O Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar unha iniciativa no Congreso na que se interesan pola ubicación dun tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias e así como por coñecer se se teñen valorado alternativas para a ubicación co obxectivo se salvar este espazo público.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera necesario buscar outra alternativa para situar o tanque de tormentas previsto para o parque Pablo Iglesias e evitar que este tipo de instalacións se ubiquen en parques públicos. Sinala que, ademáis, o Estado, propietario de máis do 20% do solo urbano do Concello, posúe terreos nas inmediacións do parque, como as instalacións da escola “Antonio de Escaño” e o servizo de repostos da Armada, polo que existen alternativas a ter en conta para á ubicación do tanque de tormentas e evitar que se ocupe o parque.

O BNG desexa coñecer tamén se o Goberno central coñece a oposición veciñal a instalación deste tanque no parque Pablo Iglesias e se o Goberno Municipal de Ferrol plantexou conxuntamente co goberno central alternativas a ubicación prevista, asi como cal é a disposición para modificar o emprazamento previsto.

O BNG, na súa iniciativa, lembra que o proxecto de acondicionamento do interceptor xeral da marxe dereita da ría de Ferrol, promovido pola confederación hidrogáfica do Miño-Sil co obxecto da posta en funcionamento da rede de saneamento integral da ría de Ferrol contempla a construción dunha serie de tanques de tormenta distribuidos por todo o seu percorrido e que varios deles teñen ocasionado as queixas veciñais pola súa ubicación en zonas verdes e parques públicos, caso do inicialmente previsto para o parque da “Ranita”, en Ferrol vello, ou o previsto para a súa ubicación no parque Pablo Iglesias.

O BNG destaca que esta ubicación vai supor a destrución de máis dun 10% da superficie desta importante zona verde e que afectará ao lugar máis concorrido deste espazo a zona de xogos infantís e a zona máis próxima ás vivendas. Unha ubicación que afectará negativamente à masa arbórea, asi como o impacto estético pola instalación dun edificio de 14 metros de lado e catro metros de altura, sen esquecer o impacto acústico e os olores que provirán de dito tanque.

O BNG leva ao Congreso o tanque de tormentas do parque Pablo Iglesias