O BNG considera decepecionante a actitude da Xunta para mellorar o transporte público na comarca

reunión da Mancomunidade coa D.X. de Transporte
reunión da Mancomunidade coa D.X. de Transporte
Ivan Rivas, portavoz nacionalista, defendeu nesta reunión a necesidade de que a Xunta acometa melloras no transporte público de xeito inmediato e se incrementen os servizos e as frecuencias mediante:
O BNG considera decepecionante a actitude da Xunta para mellorar o transporte público na comarca
Ferrol 25 de outubro de 2021. Iván Rivas, portavoz muncicipal do BNG no concello de Ferrol, asistiu a reunión mantida na mañá de hoxe en Compostela para analizar a situación do transporte público na comarca e calificou de decepcionante a actitude da Xunta de Galiza. Ademais lamentou que a Dirección Xeral de Mobilidade non presentara ningunha alternativa que permita superar e mellorar a situación actual despois de meses de denuncias dos usuarios e usuarias. Que a conclusión á que chega a Xunta de Galiza sexa desenvolver unha enquisa entre os usuarios e usuarias para ver que se fai é unha tomadura de pelo.


Ivan Rivas, portavoz nacionalista, defendeu nesta reunión a necesidade de que a Xunta acometa melloras no transporte público de xeito inmediato e se incrementen os servizos e as frecuencias mediante:


A recuperación dos servizos directos á Coruña cada hora desde as 6.30h.

A recuperación de servizos para traballadores e traballadoras e os e as estudantes.

A recuperación dos percorridos polos hospitais, e a implantación dun servizo de transporte que considere a accesibilidade universal como un dereito.


Tras a reunión de hoxe para o BNG quedou claro que a Xunta de Galiza non ten previsto realizar, polo momento, ningunha modificación e se limita a facer un estudo da situación obviando as reclamacións que se lle fan por parte dos usuarios e usuarias. Iván Rivas, censura así mesmo a negativa da Xunta de Galiza a manter un encontro coa plataforma de usuarias deste servizo.


Ademais, Rivas, lembra que a resolución do problema é só cuestión de vontade política por parte da Xunta de Galiza dado que o actual contrato recolle como causa para a súa modificación a prestación de servizos especiais como os que a día de hoxe se teñen suprimido, ademais da posibilidade de adoptar modificacións do contrato para implementar servizos de interese municipal.


Para o BNG precarización da situación do transporte público na cidade é unha deriva constante. Nos últimos anos a unificación do transporte escolar e o discrecional incidiu aínda máis neste deterioro ao que agora se suma a redución dos servizos con destino A Coruña e que xunto cunhas infraestruturas ferroviarias obsoletas están a condenar á cidade e á comarca ao seu illamento.


Por estas razóns resulta inadmisible a falta de resposta por parte da Xunta de Galiza diante desta problemática e as súas consecuencias.
O BNG considera decepecionante a actitude da Xunta para mellorar o transporte público na comarca