O BNG presenta unha moción de apoio ao cadro de persoal Electro Rayma
Ferrol 26 de outubro de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol defenderá no pleno de fin de mes unha moción de apoio aos traballadores de Electro Rayma, esixindo o cumprimento dos acordos da declaración institucional aprobada polo pleno de Ferrol.
O BNG propón que o pleno do concello de Ferrol exixa ao Alcalde da cidade explicacións polo incumprimento destes acordos aprobados e que faga efectiva de modo inmediato tanto a reunión entre a Dirección de Navantia en Madrid e os representantes dos grupos políticos municipais así como a reunión entre o director de Navantia en Ferrol e os representantes dos grupos políticos municipais do concello de Ferrol.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, lémbralle ao alcalde da cidade que a defensa dos postos de traballo da industria auxiliar na comarca non debe ser algo secundario nen quedar en posicións esteticas é preciso unha implicación real co obxecto de que o concello de Ferrol exerza de interlocutor coa empresa pública Navantia e tentar buscar alternativas a un conflito que esta a poñer en risco máis de 150 postos de traballo na comarca.
O BNG na súa iniciativa tamén pedirá que o pleno censure a política de baleirado de gradas dos estaleiros da ría e a política de subcontratación da empresa Navantia que está a provocar o deterioro das condicións laborais do traballadores e traballadoras e o desmantelamento da industria auxiliar na comarca.