O BNG compromete a xestión directa do servizo municipal de mantemento de viais.
Ivan Rivas considera que a xestión de xeito directo, con persoal e medios propios de servizos como o do mantemento de viais redundará nunha xestión máis eficaz e máis rendible economicamente do servizo,
16 maio 2023 - 22:41
Ferrol 16 de maio de 2023. Ivan Rivas candidato do BNG á alcaldía de Ferrol, participou esta tarde nun encontro veciñal no barrio de Santa Mariña no que defendeu que un dos obxectivos do goberno local liderado polo BNG é a xestión directa dos servizos públicos municipais entre eles o do mantemento de viais públicos.
Ivan Rivas considera que a xestión de xeito directo, con persoal e medios propios de servizos como o do mantemento de viais redundará nunha xestión máis eficaz e máis rendible economicamente do servizo, sen facer depender o estado das rúas da cidade dunha empresa externa que cando remata os cartos paraliza os traballos de mantemento e conservación.
O BNG sinala que o modelo que se ven desenvolvendo nos últimos anos no concello de Ferrol para a conservación e mantemento de viais ten demostrado a súa ineficacia como demostran as múltiples queixas veciñais polo estado de conservación das rúas.
Iván Rivas quixo tamén poñer en evidencia o compromiso do BNG cos barrios da nosa cidade e lamentou que o goberno local non executara os acordos aos que chegara co BNG como a urbanización da rúa Casquido, unha proposta nacionalista que pese a ter financiación e estar aprobado o proxecto o actual goberno municipal segue sen executar. O BNG considera que é preciso que o concello de Ferrol conte cunha brigada municipal de obras e así a creará desde o goberno municipal.