O BNG PRESIONARÁ DIANTE DA XUNTA E DO CONCELLO UNHA SOLUCIÓN PARA ESTE VECIÑO DE FERROL
O BNG e colectivos sociais denuncian o abandono das administracións diante dun caso de emerxencia residencial en Ferrol
Ferrol 2 de febreiro de 2026. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acompañado da Plataforma Galega Vivenda Xa! e de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo denunciaron esta mañá as dificuldades existentes no aceso á vivenda na cidade de Ferrol e o abandono por parte das administracións públicas diante dun caso de emerxencia residencial dun veciño da cidade.
Estes colectivos expuxeron o caso de Leonardo, un veciño cun 65% de discapacidade e unha pensión mínima, que se atopa nunha situación límite tras finalizar o prazo para abandonar a súa vivenda actual tras comunicarlle, os novos propietarios da vivenda na que reside, que non lle renovaban o contrato. Tras pedir unha prórroga de seis meses para buscar un novo domicilio e pedir axuda ao Concello e á Xunta as administracións levan mais de sete meses sen ofrecerlle unha alternativa habitacional e sen terse posto en contacto con el.
Explicaron esta mañá que este veciño leva sete meses agardando por unha resposta tras presentar diversas instancias o pasado verán. Afirman que o caso de Leonardo encaixa no estipulado no Regulamento de Entrega das Vivendas de Recimil, de propiedade municipal, asi como na Lei de Vivenda de Galiza, que contempla a posibilidade da adxudicación directa por un caso de emerxencia residencial. "
Dende as entidades sociais e de defensa do aceso à vivenda sinalan que na actualidade, en Ferrol, o mercado libre está excluido para el xa que o 93% dos alugueres na cidade superan os 600 euros, unha cantidade inasumíbel para quen cobra unha pensión de pouco máis de 600 euros.
.
Denuncian a falla de transparencia e a contradición que supón a existencia dun parque de vivendas público que se atopa desaproveitado. Lembran que o barrio de Recimil conta con máis dun centenar de vivendas tapiadas, algunhas que xa están reformadas e listas para entrar a vivir. Lamentado que cada vez que se entrega no concello unha chave tapiase a vivenda no canto de adxudicalas a quen o precise, e sinalan que a Xunta tamén manten inmobles baleiros en Esteiro e Caranza.
ACTUACIÓNS DO BNG
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, considera este caso como algo inaceptábel e censurou a falla de sensibilidade do goberno local do Partido Popular. Rivas criticou que, namentras existen na cidade necesidades urxentes como esta o goberno local centrase en proxectos especulativos como o do Sánchez Aguilera e mantén infrautilizadas o potencial das vivendas públicas do barrio de Recimil que serviría para dar resposta a necesidade de vivenda da veciñanza da nosa cidade.
Mon Fernández; Deputado do BNG,indicou que vai levar esta cuestión ao Parlamento, mediante unha iniciativa na que busca darlle unha solución residencial e que a Xunta lle ofreza unha alternativa de vivenda.
Censurou a política de vivenda da Xunta e quixo lembrar que son múltiples as veces que o PP vota no parlamento en contra de que as vivendas publicas sexan destinadas a un alugueiro social sen a necesidade de que pasados uns anos se poidan adquirir, a negativa a que a Xunta exerza o dereito de retracto antes de que a vivenda socia, sega mantendo este estatus, antes de que vaia para o mercado libre ou en cuestións como os atrancos que a Xunta pon para que os concellos poidan implantar zonas tensionadas, por exemplo.