BNG e os clubs deportivos da piscina de Caranza acudirán ao pleno para pedir un novo reparto de usos.
Ferrol 16 de xuño de 2022. Iván Rivas, portavoz do BNG no concello de Ferrol, e membros dos clubs deportivos: Natación Ferrol e Sincro Ferrol, co apoio do Triathlón Ferrol que non pudio asistir, celebraron unha asemblea no exterior do complexo deportivo Javier Gómez Noya para informar da situación na que se atopa o reparto de usos da piscina desta instalación de cara a vindeira tempada e preparar novas accións diante da pasividade e negativa do goberno de Angel Mato a abordar esta problemática.
Iván Rivas, portavoz do BNG, sinalou que é urxente para estes clubs resolver o novo reparto antes do mes de setembro para que poidan planificar a súa actividade ademais de que o mesmo debería axustar ao máximo as súas necesidades deportivas e mellorar as horas das que dispoñen da lámina de auga.
Avanzaron que acudirán ao pleno municipal de cara ao debate dunha moción do BNG que defenderá que se desenvolva un novo regulamento de usos, que sexa eficaz e adaptado as necesidades destes clubs e que estas entidades poidan participar na elaboración deste regulamento e que o novo reparto se realice antes do mes de setembro.
O BNG lembra que a cidade conta con 3 piscinas de carácter publico: a de Caranza, a da Malata e a piscina de Batallóns, adscrita ao Ministerio de Defensa. Mais estes tres clubs están circunscritos exclusivamente ao uso da piscina de Caranza, por iso esta solución debe ser a curto prazo pero con vistas ao futuro as solucións deberán pasar poder dispoñer doutras instalacións para que estes clubs desenvolvan as súas actividades, parece lóxico que o concello solicite os usos da piscina de Batallóns, igual que parece lóxico regular un uso compartido da piscina da Malata. Así mesmo, é preciso que esta cidade comece a concretar a necesidade de contarmos unha nova piscina.
Estes clubs teñen moitisimas dificultades para poder adestrar en condicións adecuadas. Como exemplo, o club Sincro so dispoñen de 14 horas semanais de auga na piscina algo totalmente insuficiente para unha actividade acuática. Un club que viu reducido nos últimos anos o 75% das horas de auga das que dispuñan. Ou como o club Natación Ferrol teñen nenas e nenos adestrando apelotonados nunha mesma rúa, cando a mesma hora hai rúas libres na piscina que non poden utilizar.