O BNG censura o recorte no financiamento dos comedores escolares por parte da Xunta

O BNG censura o recorte no financiamento dos comedores escolares por parte da Xunta

 

Ferrol 21 de xuño de 2013. O Bloque Nacionalista Galego censura a redución da cantidade orzamentaria que a Xunta de Galiza aportaba ao concello de Ferrol para o finaciamento dos comedores escolares no concello de Ferrol e que se reduce de 65000€ a 53.100€ por curso académico.

O BNG censurou os novos criterios económicos fixados así como que sexa o concello quen teña que asumir a diferencia, cando se trata dunha competencia da Xunta de Galiza, que esta a prestar o noso concello. O BNG lembra que a corporación municipal de Ferrol tense posicionado en reiteradas ocasións en que sexa a Consellería de educación quen asuma a xestión dos comedores escolares.

Esta mañá na comisión informativa de Cultura e Educación ditaminouse o novo convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Ferrol para a xestión do servizo de comedor escolar en 8 centros de ensino público non universitario do Concello de Ferrol para os cursos escolares 2013-2014 e 2014-205.

O BNG considera, así mesmo, que na actual situación económica na que se estan a detectar casos de nenos e nenas que estan a sufrir importantes déficits de alimentación e que en parte estaban a ser paliados polos comedores escolares, consideran que a administración galega debería facerse cargo da xestión destes comedores escolares e ademais ampliar a súa actividade,tamén, durante os períodos non lectivos.

O BNG censura o recorte no financiamento dos comedores escolares por parte da Xunta