O BNG afirma que a situación da comarca é consecuencia do maltrato permanente da Xunta e do Estado.

Concentración en Ferrol
Concentración en Ferrol
Nós, o BNG, non imos formar parte desta conxura do bipartidismo harmónico e unitario, do PP e do PSOE, destinada a narcotizar a cidade e por iso exiximos aos seus responsables na cidade que denuncien o comportamento e actuación dos seus partidos desde a Xunta e o goberno do Estado.
O BNG afirma que a situación da comarca é consecuencia do maltrato permanente da Xunta e do Estado.

Ferrol14 abril de 2021. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol, tras a reunión mantida esta tarde coas organizacións sindicais no marco da xornada reivindicativa deste 14 de abril, indicou que a situación da cidade e da comarca é produto dun maltrato permanente do Estado e da Xunta e do que hai responsables directos e con nome propio como son o PP e o PSOE.

A sensación de frustración que existe na cidade é produto da complicidade que diante deste maltrato amosan os colaboradores internos na cidade do PP e do PSOE que xustifican o comportamento dos seus partidos desde Madrid e desde San Caetano.

 

Para o BNG é dun cinismo absoluto que, despois de illar á cidade do resto do país mantendo unhas infraestruturas ferroviarias de hai 100 anos, o Alcalde da cidade nos presente un estudo de 700 millóns de euros mentres Feijoó e Ábalos rinse de nós sen comprometer un só euro con este fin.

 

É dun cinismo absoluto que se espoliasen os nosos recursos naturais nas Pontes durante décadas e agora se pretenda desenvolver o mesmo expolio pragando de aeroxeneradores os montes da cidade e da comarca mentres pechan empresas como Gamesa nas Somozas.

 

É dun cinismo absoluto que mentres Navantia reduciu o seu plantel en máis de 1200 traballadores o Alcalde da cidade e o PP garden silencio e nos falen da modernización do estaleiro.

 

Iván Rivas afirmou que por todo isto nós non imos formar parte desta conxura do bipartidismo harmónico e unitario do PP e do PSOE, destinada a narcotizar a cidade e por iso exiximos aos seus responsables na cidade que denuncien o comportamento e actuación dos seus partidos desde a Xunta e o goberno do Estado.

O BNG afirma que a situación da comarca é consecuencia do maltrato permanente da Xunta e do Estado.