O BNG aposta por recuperar o espazo urbano do barrio da Madalena para a xente.
Ferrol 10 de febreiro de 2023. Esta mañá Iván Rivas, candidato do BNG a alcaldia de Ferrol, acopañado do alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores, mantivo un encontro con diversas entidades da cidade co obxectivo intercambiar opinións sobre a mobilidade urbana e cuxas conclusións deben servir para definir e deseñar o futuro desta cidade..
Iván Rivas, candidato do BNG a alcaldia de Ferrol, sinalou que o modelo de Pontevedra é un exemplo a seguir, lembrou que conta cunha zonade baixas emisións que basicamente abrangue toda a cidade que a levan desenvolvendo 20 anos a través de proxectos de recuperación do espazo público.
Iván Rivas indicou que en Ferrol temos que poñer un punto de partida que nos permita recorrer o camiño que leva percorrido Pontevedra e o punto de partida máis óbvio é a recuperación para a xente do barrio da Madalena, definindoo como un primeiro ámbito de actuación. Aposta por definir que o tránsito peonil e o tránsito a través de modos de mobilidade sustentabel, como a bicicleta, son prioritarios e a partir daí avanzar cara un modelo como o de Pontevedra, onde a recuperación do espazo público se extende a toda a cidade.
O BNG propón a peonalización integral do barrio da Madalena co obxectivo de recuperar as rúas par a xente e aproveitar esta medida para dotar a cidade dunha zona de baixas emisións coa que evitar ter que estabelecer unha nova taxa á circulación na cidade ou obrigar a veciñanza a mudar de automobil.
O BNG considera que fronte a un modelo baseado na penalización: o de pagar por acceder a determinadas zonas ou pagar por adquirir un vehículo eco, existe o modelo de promover a redución dos tráficos innecesarios para o funcionamento da cidade, que trae consigo outras vantaxes como a ampliación do espazo público para as persoas, a redución da sinistralidade e mesmo que facilita a autonomía dos menores.
Asi mesmo compre complementalo cun transporte publico capaz de garantir o dereito a mobilidade e onde a zona rural deberia de ser unha das protagonistas acompañandoo co desenvolvemento dunha infraestrutura verde capaz de estebelecer conexións entre zonas como o Montó, hoxe degradado, ou a posibilidade de crear un grande pulmon verde no corazón da cidade no Sánchez Aguilera cuestións qie nos permitirian camiñar cara o obxectivo dunha mobilidade sustentábel-
Iván Rivas lembrou que a implantación dunha zona de baixas emisións nas cidades de máis de 50.000 habitantes é unha obriga que deberia estar implantada desde xaneiro de 2023 e destacou que nunha cidade como Ferrol non existe ningun proxecto de ZBE mais que a proposta que está a facer o BNG xa que a alternativa é camiñar cara cidades sustentabeis.
Miguel Anxo Fernández Lores
O Alcalde de Pontevedra, agradeceu a invitación do BNG de Ferrol e lembrou que todas as cidades deben buscar o seu propio camiño pero Ferrol como cidade compacta é unha cidade que ten unhas posibilidades inmensas de mellora e a liña deberia ir pola recuperación do espacio público, énchelo de actividade, potenciar o comercio de proximidade e a calidade urbana, reducir traficos gañando calidade de vida e calidade urbana.
Lores indicou que Ferrol ten unhas posibilidades inmensas e a liña deberia ir por recuperar o espazo público e darlle calidade de vida a xente.