O BNG apoiará às mobilizacións do Manuel Masdías pola renovación do pavillón
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, mantivo un encontro coa comunidade educativa do centro para trasladarlles o apoio do BNG ás súas reivindicacións.
03 abr. 2022 - 16:04
Ferrol 2 de abril de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixe ao goberno local que desenvolva as accións necesarias para o arranxo do pavillón deportivo do centro público Manuel Masdías en Caranza e expresa o seu apoio as mobilizacións convocadas pola comunidade escolar que darán comezo esta semana.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, mantivo un encontro coa comunidade educativa do centro para trasladarlles o apoio do BNG ás súas reivindicacións. Unhas demandas que se poden denominar como históricas, pois levan con elas máis dunha década e lembrou que a necesidade de recuperar estas instalacións non é unicamente unha petición do centro educativo senón do conxunto do barrio de Caranza.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que chegou o momento de pasar das palabras aos feitos e que a estas alturas deberíamos contar cun compromiso das administracións implicadas, tanto da Xunta de Galiza como da Administración Local para acometer estas obras. Para o BNG resulta significativo que o goberno local manteña esta situación e continue co seu posicionamento de indiferenza e absoluta pasividade logo de case tres anos de mandato no que nin se preocuparon por este tema.
O BNG enmarca esta pasividade na dinámica que o goberno local ten adoptado ao longo destes anos xa que nin asume o compromiso de desenvolver esta obra nin ten feito ningunha xestión para que fose a Xunta de Galiza quen desenvolvera o proxecto no caso ser unha obra da súa competencia.
Iván Rivas, portavoz nacionalista no concello de Ferrol, considera urxente que o Concello de Ferrol e a Xunta de Galiza comecen a traballar de maneira coordinada e deixen de botarse as culpas uns aos outros. Asi como é urxente que o goberno local asuma como reivindicacións propias as reivindicacións non so do centro educativo, non so da Ampa senón do conxunto do barrio de Caranza e por extensión da cidade para facer realidade o compromiso, facer efectivo que ao centro público Manuel Masdías se lle solucionan as deficiencias do seu pavillón deportivo.