O BNG apoia as reivindicacións laborais do cadro de persoal do mantemento de xardíns

IMG_20201026_151230
IMG_20201026_151230
O BNG apoia as reivindicacións laborais do cadro de persoal do mantemento de xardíns

Ferrol 18 de marzo de 2022O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol manifesta o seu apoio ás demandas laborais do cadro de persoal da empresa que se encarga do servizo de mantemento de parques e xardíns da cidade e esixe ao goberno municipal que garanta a implementación, de xeito inmediato, das melloras pactadas entre os traballadores e a empresa, tamén a mellora das condicións e do material preciso para desenvolver a súa actividade.

 

O BNG lembra que a actual situación puxo tamén de relevo a falla de medios e limitacións coas que se están a prestar os servizos municipais produto de anos de privatizacións e concesións que cada vez son máis caras, e con peores servizos. É por iso que goberno municipal deberá asumir que o futuro pasa pola municipalización e xestión directa dos servizos municipais para xerar e garantir emprego de calidade

O BNG apoia as reivindicacións laborais do cadro de persoal do mantemento de xardíns