O BNG amosa a súa solidariedade coas persoas afectadas polo incendio en Recimil

Iván Rivas
Iván Rivas
O BNG amosa a súa solidariedade coas persoas afectadas polo incendio en Recimil

Ferrol 19 de febreiro de 2026. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferrol,quixo amosar o apoio do BNG as persoas e as familias afectadas polo incendio acontecido esta madrugada no barrio de Recimil.

 

Rivas agarda que as persoas afectadas, o bombeiro municipal e os tres veciños se poidan recuperar o mellor posíbel das graves lesións sufridas e dende o BNG poñémonos a súa disposición para axudar naquilo que modestamente poidamos axudar

 

Xa por último, Iván Rivas, considera que o Alcalde desta cidade debe dar conta de cales son as circustancias nas que se ten producido esta desgracia, os medios cos que se contaba e como é que se ten producido un feito de tanta gravidade. Porque feitos como estes non deberían ter ocurrido nunca e por útimo volveu a reiterar ás familias e ás persoas afectadas todo o noso apoio e ánimo posíbel nunhas circustancias tan graves como estas.

O BNG amosa a súa solidariedade coas persoas afectadas polo incendio en Recimil