Para o BNG o alcalde debe dimitir
Ferrol 24 de xuño de 2014. Para Bloque Nacionalista Galego de Ferrol a imputación do alcalde, anunciada onte, é o que lle faltaba a esta cidade sometida a un proceso de desmantelamento do principal sector produtivo, nun estado cada vez máis acelerado de ruína tanto do aspecto arquitectónico como urbano da propia cidade e o feito acontecido onte, se este luns se confirma a imputación do alcalde, debería levalo a dimitir porque é imposíbel que unha cidade con este nivel de degradación poida ter algún tipo de desenvolvemento futuro nestas condicións e que a xestión política do goberno municipal vai vir condicionada pola posíbel confirmación de imputación o luns próximo.
De confirmarse o luns a imputación do alcalde solicitaremos a súa dimisión porque esta cidade non podería soportar o feito de manter a un alcalde imputado nun caso de suborno como o que se ten anunciado no día de onte.