O BNG DIANTE DO V CONGRESO DE TURISMO INDUSTRIAL: UNHA INDUSTRIA IMPEDIDA E UNHA CULTURA OCULTADA
Ferrol 16 de xuño de 2014. A celebración do V Congreso Europeo de Turismo Industrial e o denominado V Crossroads of Europes é o exemplo evidente de en que quere convertir a esta cidade o actual goberno municipal, e que o propio lema da campaña exemplifica: "Identity, Industry and Culture." Unha identidade falsificada, unha industria impedida e unha cultura ocultada.
En primeiro lugar porque exemplifica cal é o obxecto ao que se quere reducir o sector naval nesta cidade, que non é outro que reconvertilo nunha especie de feira de vaidades co turismo como salvación, e que confirma a celebración deste congreso facéndoo coincidir no tempo co proceso de desmantelamento do principal sector produtivo desta cidade.
O BNG sinalou novamente, que a única alternativa para a diversificación económica desta cidade pasa por o desenvolvemento dun sector naval forte que poida acceder a todo tipo de construcións para o que temos a man de obra e as infraestruturas necesarias que o sustenten.
En segundo lugar porque a política de abandono e ocultación desenvolta durante os tres anos de mandato do PP ao respecto do patrimonio arquitectonico e urbano desta cidade limitouse, como é o caso, a desenvolver visitas só en determinados momentos do ano a este patrimonio, en vez de integralo definitivamente na cidade.
Ao BNG preocúpalle profundamente a situación deste patrimonio que é de propiedade maioritariamente estatal, afectado ou condicionado por Defensa sen que se coñeza se se teñen adoptado medidas para paliar o deterioro destes bens que forman parte da proposta de Ferrol à patrimonio Mundial.
E en terceiro lugar, a exclusión da lingua galega da celebración do V Congreso Europeo de Turismo Industrial e o denominado V Crossroads of Europes e mostra de que un evento que supostamente esta pensado para poñer en valor a identidade dun pobo exclúa deliberadamente a principal seña de identidade do mesmo como é a súa lingua e mesmo na súas publicacións se empreguen topónimos deturpados das súas vilas e lugares.