O BNG acusa ao goberno local de ter paralizada a comarcalización do servizo de bombeiros
Ferrol 6 xuño de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol urxiu esta mañá ao goberno de Rey Varela a que axilice os trámites para a comarcalización do do servizo de bombeiros e de conta das causas que impiden que se asine o convenio comprometido co Consorcio Provincial contra Incendios.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, reiterou que a comarcalización do servizo de bombeiros é fundamental para o Concello de Ferrol e os do resto da comarca, xa que se trata de asegurar e mellorar o servizo ademais de garantir o mantemento dos postos de traballo no parque local. Así mesmo, instou ao alcalde da cidade, Rey Varela, a dar conta da situación real na que se atopa este dous convenios comprometidos polo seu goberno.
O BNG acusa ao goberno local de non ter desenvolvido este compromiso público, de decembro do ano pasado, consistente na sinatura dun convenio co Consorcio Provincial contra Incendios (integrado pola Xunta e a Deputación) para atender o ámbito xeográfico do que hoxe é a Mancomunidade, e cuxo financiamento ía correr a cargo do Consorcio Provincial cunha cantidade aproximada de 250.000 euros