Entregadas 2000 sinaturas pola mellora do transporte público
Ferrol 26 de abril de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol fixo entrega esta mañá, no rexistro municipal, de máis de 2000 sinaturas recollidas no concello de Ferrol en relación coa situación na que se atopa o transporte publico de Ferrol no que amosan o rexeitamento à proposta de supresión de servizos de autobús, solicitada pola empresa Tranvías del Ferrol, e piden ao goberno local a redefinir o servizo de transporte público para que preste un adecuado servizo, en horarios e frecuencias e que cubra as necesidades sociais do concello tanto da súa zona urbana como da rural.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que a proposta de reducción de servizos plantexadas por parte da empresa que xestiona o transporte público na cidade parece que se conseguiu paralizar através da mobilización social e a través das iniciativas e demandas formuladas polo BNG. Indicou que de todos os xeitos estamos nun momento de impass no que todavía non esta decidido cal vai ser a implantación de servizos que se van desenvolver nesta cidade.
O BNG lembra que no pleno do concello o goberno opuxose a proposta do BNG, que ven avalada agora polas dúas mil sinaturas presentadas, para desenvolver un plan que cubra as necesidades básicas que ten este concello respecto do transporte público para que preste un adecuado servizo, en horarios e frecuencias e que cubra as necesidades sociais do concello tanto da súa zona urbana como da rural e, de ser preciso. solicitar da Xunta de Galiza a titularidade da concesión para a prestación deste servizo por parte da administración local co financiamento adecuado para o mesmo.
O BNG lembra que fronte a proposta de reducción de servizos proposta, o Goberno Local de Ferrol non presentou ningún tipo de alegacións, tal e como confirmou a Xunta de Galiza ao BNG, onde no expediente non aparece ningún escrito do concello de Ferrol manifestando o seu posicionamento sobre esta proposta.