Municipalizar, pecado (contra o) capital

municipalización
Municipalizar, pecado (contra o) capital

Os principais servizos que Ferrol presta á veciñanza están privatizados: o lixo, a auga, a electricidade... O servizo cada vez é peor e máis caro e o concello convertiuse nun simple conseguidor de contratos millonarios ás transnacionais. O PP deixou previsto contratos millonarios para o lixo, o subministro eléctrico ou a depuración. Desde a chegada de FeC ao goberno son as mesmas empresas que o facían co PP as que xestionan estes servizos. FeC, non fixo máis que avalar a tese do PP: “ Os concellos non poden contratar e ademais de facelo sería máis caro”.

Mais, son certos os argumentos de FeC e PP?

As administracións públicas non poden contratar. FALSO As administacións poden contratar cando:

  • O servizo sexa declarado esencial e de prestación obrigatoria. A auga, o lixo ou a electricidade son servizos municipais básicos.
  • Non se incrementen os custes laborais.
  • Xa pagamos os salarios dos traballadores a través das taxas que reciben as concesionarias.

As empresas privadas son máis eficaces. FALSO. A xestión privada é máis cara porque:

  • As empresas incorporan como gasto do servizo a súa prioridade: os beneficios.
  • A laxitude das administracións no control das concesións está a incrementar os custes dos servizos.

Hai alternativas?

Ademais do ciclo da auga e o transporte público en Ferrol temos dúas prioridades inmediatas:

  • A xestión do lixo: O obxectivo e investir en compostaxe e reciclaxe reducindo o volume de lixo e o gasto por incineralo en SOGAMA. Menos camións, máis emprego. Máis barato, máis ecolóxico.
  • Subministro eléctrico: O obxectivo é contratar directamente a enerxía sen intermediarios que nos cobren un sobrecuste porque a calidade da electricidade non varía en función do prezo.

Facer política para a xente supón perdas substanciais para os poderosos. É un pecado capital.

E nin PP, nin FeC, nin PSOE están dispostos a enfrontar ese risco.

Se queres resultados diferentes, non fagas sempre o mesmo

Municipalizar, pecado (contra o) capital