Eles comen todo, e non deixan nada (por agora...)

superavit
Eles comen todo, e non deixan nada (por agora...)

Desde 2007 pasaron moitas cousas na economía ferrolá. Mudaron a constitución, aprobaron a Lei de Estabilidade e obrigaron aos concellos a aforrar para pagar os pratos rotos. Había que mercar a débeda privada dos bancos. Para iso precisaban cartos: Decidiron subir os impostos e reducir o gasto público. Ademais, tiñan que alimentar ás insaciables transnacionais e así comezou unha nova vaga de privatizacións. O novo marco legal puxo aos concellos diante dun dilema : deixarse levar ou aplicar políticas alternativas? En Ferrol, o PP en 2011 e FeC en 2015 escolleron a 1a opción:

O AUSTERICIDIO ECONÓMICO

1. REDUCIR O GASTO PÚBLICO. PP e FeC deixaron de gastar millóns de euros na cidade ao longo destes 8 anos. En 2013 o PP deixou de gastar 10M.€ dos orzamentos municipais. En 2017 FeC deixou de gastar 16M.€ E o máis grave é que a Lei de estabilidade obriga a destinar o diñeiro que se aforra cada ano a pagar aos bancos.

2. AFORRAR PAR PAGAR AOS BANCOS. Para PP e FeC reducir a débeda municipal foi o seu gran mérito económico. Ferrol derrúbase pola falla de investimentos pero para o PP e FeC o prioritario foi rebaixar a débeda municipal.

3. SUBIR OS TRIBUTOS. Desde 2011 até hoxe os ferroláns pagan máis taxas e impostos. Pese á drástica redución de investimentos e dos servizos públicos incrementouse a presión fiscal sobre a xente con novas taxas e con subidas das existentes. FeC no seu mandato consolidou ás subidas do mandato anterior do PP.

4. PRIVATIZAR. PP e FeC privatizaron os servizos municipais. A xestión dos centros culturais, a conservación de viais, o mantemento de zonas verdes ou o subministro eléctrico son servizos privatizados que remataron os seus contratos ao longo destes 4 anos e que se volveron a concesionar.

5. POLÍTICA CLIENTELAR. PP e FeC destinaron máis de 1,5M. € ao ano en dar subvencións “a dedo”. O diñeiro ao que as asociacións poden optar a través de convocatorias públicas en igualdade de oportunidades é ridículo en comparación co que FeC e PP destinaron a dar subvencións nominais a quen lles pareceu.

E aínda pensas que é mellor que todo siga igual?

  • SUPERAVIT CERO. As restriccións xa son moitas. Non podemos permitirnos deixar de gastar un so euro na cidade.
  •  + EMPREGO + SERVIZOS. Os servizos privados que rematen o seu contrato prestaranse directamente polo concello.
  • A XENTE POR DIANTE. Os cartos dos ferroláns son para gastar nos ferroláns, non para pagar aos bancos.
  • EQUIDADE. O diñeiro público é de tod@s, e tod@s temos que ter as mesmas oportunidades para acceder a el.

Se queres resultados diferentes, non fagas sempre o mesmo

Eles comen todo, e non deixan nada (por agora...)