O PP deturpa a realidade para ocultar as reivindicacións do cadro de persoal do CHUF
Ferrol 1 de marzo de 2014. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, con respecto á visita que a Conselleira de Sanidade realizou ao Complexo Hospatalario de Ferrol o pasado xoves e diante das manifestacións verquidas polo Partido Popular de Ferrol, acusa ao Partido Popular de deturpar a realidade tratando de desvirtuar e desviar o foco de atención dos motivos que levaron a una boa parte dos e das profesionais deste centro a desenvolver unha protesta laboral para esixir melloras na sanidade pública e evitar que o SERGAS sega a privatizar servizos.
O BNG acudiu e acudirá a este centro sanitario a trasladar o seu apoio ao conxunto de traballadores e traballadoras da sanidade e á súa longa táboa de reivindicacións, que por se o Partido Popular de Ferrol non se enteirou son as que siguen: Contra a privatización dos servizos de esterilización, electromedicina e a central de compras, por non cubrir as ausencias de persoal e negarlles dereitos laborais, por minguar o persoal do servizo de radioloxia, por desviar servizos públicos aos centros concertados, por ter pechada una planta de hospitalización do hospital Naval e facer que os usuarios sufran o colapso do servizo de urxencias, por eliminar o Plan de Mellora de Atención Primaria, por negarse a reunirse cos traballadores, ou por fomentar as unidades de xestión clínica coa única escusa do beneficio económico e non da saude das pacientes entre outras.
O BNG censura a constante práctica do PP co fin de evitar calquera tipo de manifestación contaria ás agresivas políticas practicadas en todos os ámbitos contra os veciños e veciñas desta cidade, e neste caso respecto da sanidade pública.
O BNG lémbralle ao PP que xamáis permanecerá calado fronte a inxustiza nin a represión, e que o seu permanente intento de convertir aos agredidos en agresores e de criminalización de calquera tipo de protesta contrasta coa indolencia que sinten fronte á dramática situación de moitas familias desta cidade.
Desde o BNG queremos recordarlle ao PP que os traballadores e traballadoras do SERGAS simplemente exerceron o seu dereito democrático a manifestarse diante da continua perda de dereitos que están a padecer e diante dos continuos recortes en sanidade que aplica o Partido Popular, que iso si que afecta aos pacientes do CHUF e fronte aos que o Partido Popular non sinte a máis mínima preocupación.