O BNG PIDE EXPLICACIÓNS A DEFENSA POLO ACCIDENTE DA FRAGATA JUAN DE BORBÓN
O BNG na iniciativa rexistrada pola Deputada, Rosana Pérez, lembra que o pasado mércores e supostamente durante a celebración dun exercicio rutinario do sistema de lanzamento de misiles produciuse un accidente cosnsistente no lanzamento fortuito dun señuelo para misiles do buque.
Asi mesmo e como resultado deste incidente resultaron feridas seis persoas membros da tripulación do barco e parte deste señuelo foi a caer nas proximidades do porto de curuxeiras, fóra do recinto militar.
Para o BNG o accidente ten a suficiente gravidade como para que o Ministerio de Defensa de conta e explique se considera normal que este tipo de exercicios do sistema de lanzanmento de misiles se desenvolvan en buques atracados en porto. É por iso, que queren coñecer oficialmente se é certo que parte deste señuelo foi a caer fora do recinto militar. O BNG quere que Defensa explique se non considera que este tipo de practicas non poden conlevar un elevado risco para a poboación civil da cidade.
Por último o BNG pregunta polas medidas que vai adoptar a Armada ao respecto e se ten pensado suspender de maneira definitiva este tipo de práticas.