O BNG insta ao goberno local a asumir a celebración do entroido
Ferrol 24 de xaneiro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol insta ao goberno local a asumir a celebración do entroido na cidade nas súas datas correspondentes e lamenta a actitude do goberno municipal tratando de desentenderse do tema e terxiversando a información que facilita aos grupos na comisión.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, pediu ao goberno local que igual que fai con outros eventos desenvolva un protocolo que permita a celebración do entroido na nosa cidade. Así mesmo censura que o goberno local transmitise na comisión de cultura da semana pasada que as comparsas solicitaran que se adiara esta celebración.
O BNG logo de ter contrastado esta información chaga a conclusión de que estas afirmacións do goberno local non son certas e que as comparsas avogaban por manter a celebración do entroido estabelecendo, eso si, un protocolo propio para este evento como acontece con outras actividades de tipo cultural, deportivo ou social.
O BNG exixe ao goberno municipal que retome as canles de diálogo co movemento veciñal e coas comparsas co obxecto de contribuir a desenvolver unha actividade que supón nun beneficio para o conxunto da sociedade, sirve de dinamización da cidade e de potenciación dunha das nosas tradicións culturais máis sobranceiras como é o entroido.