Numerosos veciños e veciñas esixen o arranxo das rúas Herbosa, Fontemoura e río Xubia
Ferrol 7 de setembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol xunto a veciños e veciñas afectadas volveu a concentrarse esta mañá para esixir o arranxo imediato da rúa Herbosa así como a a súa conexión coas rúas Fontemoura e río Xubia que presentan numerosas deficiencias no firme e acordar novas medidas a tomar para acadar este obxectivo.
Nesta nova convocatoria, acordouse desenvolver novas actuacións para que por parte do Goberno local se actúe de xeito urxente para a urbanización desta zona. Así entre os asistentes acordouse volver a concentrarse o vindeiro sábadao, solicitar unha reunión co alcalde da cidade, para exporlle a situación e esixir que se actúe de imediato e tamén a presentación por parte do BNG dunha moción ao pleno de fin de mes.
A concentración desta mañá súmase as dúas concentracións celebradas con anterioridade logo de que os veciños e veciñas destas rúas leven máis dun ano esixindo do goberno local que proceda a arranxar as mesmas xa que presentan numerosas deficiencias no firme o que as fai intransitábeis tanto para peóns como para veículos.
A preocupación dos veciños vai en aumento xa que novamente se aproxima a tempada de chuvias sen que o goberno local promova a necesaria e urxente actuación de cara a urbanizar e mellorar o contorno destas rúas e as incomodidades que xa apedecen estes veciños e veciñas continuen sen arranxarse