Iván Rivas: "A única opción para a cidade de Ferrol pasa por un goberno alternativo cun BNG determinante".

preaentacion01
Iván Rivas: "A única opción para a cidade de Ferrol pasa por un goberno alternativo cun BNG determinante".

Ferrol, 30 de abril, 2019. Despois dos resultados das eleccións xerais celebradas o pasado domingo, dende Bloque Nacionalista Galego de Ferrol sacamos tres conclusións para a cidade.

A primeira ten que ver que co resultado das eleccións xerais de onte. As posibilidades de conformación do goberno local do Concello de Ferrol pasan inevitablemente por un goberno de coalición. E as alternativas para que isto se produza reducíronse exclusivamente a dúas. Se temos en conta que o BNG superou con moito nas eleccións locais de 2015 os resultados das xerais de 2016 e que no día de onte, duplicou os votos respecto aos anteriores comicios xerais, a primeira opción sería un goberno alternativo, dirixido polo BNG ou cun BNG determinante. A segunda opción pasa pola posibilidade dun goberno continuísta dirixido ou ben polo PSOE ou ben por FeC.

A segunda das conclusións é a evidencia de que en Ferrol non haberá gobernos de maioría absoluta. Tendo en conta que o PP perdeu o 12% dos seus votos no día de onte respecto ás eleccións xerais, é obvio que o resultado dos populares será peor que no 2015 e que por tanto, estará moi lonxe de poder en solitario.

Por último, a terceira conclusión tamén é obvia. O PP perdeu a posibilidade de acceder á alcaldía da cidade de Ferrol. C’s e VOX cas porcentaxes de votos de onte e sabendo que o resultado sempre será peor nas eleccións locais que nas xerais (como xa aconteceu en 2015), disputaranse unicamente un concelleiro ou concelleira, polo que a posibilidade de que poidan formar goberno en coalición co PP é imposible para as próximas eleccións de maio de 2019.

Iván Rivas: "A única opción para a cidade de Ferrol pasa por un goberno alternativo cun BNG determinante".