Ecocidade
A recuperación da cidade só é viable sobre a base de criterios de sustentabilidade económica e medioambiental. O tamaño é a chave e Ferrol posúe unha relación idónea entre compacidade e densidade, as dúas variables básicas para un desenvolvemento sustentable. Decisións simples e xeradoras de emprego que sentarán as bases do futuro.
10 pequenas ideas para 10 grandes cambios
1. Xestión pública e integral do ciclo da auga. Separar fecais e pluviais. Máis barato, máis ecolóxico.
Aproveitar os recursos hídricos locais como o auga de chuvia para a súa reutilización pública.
2. Crecemento urbanístico 0. Recuperar o construído e impedir as novas urbanizacións.
Ferrol ten o 20% de vivendas baleiras. O prioritario é rehabilitar mellorando a habitabilidade e illamento das vivendas.
3. Transporte público e ordenanza municipal de vehículos enerxéticamente eficientes.
O transporte público con enerxías renovables é esencial para mellorar a mobilidade e reducir a contaminación.
4. Subministro eléctrico renovable e eficiencia enerxética. Axudas para pagar a electricidade da veciñanza
Mercar a enerxía directamente polo concello aforrará custes. Os tributos ás eléctricas bonificarán o consumo.
5. Reciclaxe e compostaxe para a xestión do lixo. Menos residuos, máis emprego, máis barato.
Investir en reciclaxe crea postos de traballo, reduce o gasto enerxético e é máis económico.
6. Peonalización integral do barrio de A Magdalena. Recuperar a cidade para a xente
Os peóns toman as rúas para camiñar polas zonas céntricas e evitar o uso de automóbiles particulares.
7. Hortas urbanas e hortas rurais en terreos hoxe abandonados.
Cultivo a pequena escala en espazos como o Val de Esmelle. Agricultura intensiva nas cubertas e hortas da cidade.
8. Plan forestal. Concello libre de eucaliptos.
Recuperación do monte municipal con especies autóctonas. Axudas a particulares para a substitución do eucalipto.
9. Fiscalidade ambiental: taxa ás distribuidoras de electricidade e gas
Novas taxas como ás eléctricas. Bonificar o ICIO en rehabilitacións ou cobrar o IVTM en función das emisións.
10. Reutilización de solares baleiros. Pequenas intervencións urbanas para recuperar o espazo público.
Reconverter espazos abandonados en epicentros culturais, sociais e lugares de encontro.
Se queres resultados diferentes, non fagas sempre o mesmo