Iván Rivas: Ferrol precisa un modelo de cidade moderno e diferente
Ferrol 6 de xuño de 2022. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no concello de Ferol, fixo esta mañá un balanzo dos 3 anos do actual mandato municipal, 3 anos caracterizados polo bipartidismo harmónico que impediu que pouco mudase na cidade e avanzou que Ferrol precisa un modelo de cidade moderno e diferente que é o que representa o BNG.
Iván Rivas na súa análise salientou que estes atres anos de mandato estiveron caracterizados polas seguintes ideas:
1.Tres anos de bipartidismo harmónico
Iván Rivas sinalou que tanto o PP coma o PSOE decidiron que pouco mudase nesta cidade. Desde renovarlle os privilexios á entes como a Autoridade Portuaria cunha amnistía fiscal que a exime de pagar 0,9 millóns de euros ao ano, até manter o criterio de reparto do diñeiro público de maneira discrecional mediante as subvencións nominativas até conservar a simboloxía do pasado con reminiscencias franquistas negándose a dar cumprimento á lei de memoria histórica e reitrar a estatua a Gonzalez Llanos.
2. Tres anos nos máis que un boi este goberno semella un cangrexo.
Iván Rivas indica que xa non é que avancemos lentamente senón que camiñamos cara atrás tanto en aspectos de carácter simbólico onde o mesmo Alcalde se desdí das súas propostas pese a contar co apoio do BNG como mudarlle o nome á Praza de Armas por Praza de Concepción Arenal, como no desenvolvemento de proxectos acordados co BNG e entidades da cidade como a rehabilitación da casa de Carvalho Calero que agora se negan a avanzar na súa xestión para poder executar e cumprir acordado.
3.-Tres anos dun goberno que incumpre os seus compromisos
Ivan Rivas lembra que estes compromisos non só foron adquiridos co BNG senón cos diferentes colectivos da cidade como a rehabilitación do mercado de Recimil, a recuperación do Parque do Montón, a municipalización de servizos., como os traballos de desbroces e rozas no rural. E todo pese a contar cos recursos económicos para facelo nos orzamentos municipais.
4.- Tres anos onde os intereses das empresas privadas están por riba dos dos veciños.
Iván Rivas expón que acordos incumpridos co BNG como demandar ás empresas privadas o cumprimento dos seus contratos seguen sen efectivizarse.
Compromisos adquiridos por estas empresas como a execución do saneamento do rural por EMAFESA para o que existen millóns de euros recadados a través da taxa de depuración e que a empresa se nega a executar. Ou a solicitude de devolución de 800.000 euros recadados por Urbaser sobre a base das auditorías feitas á empresa e que lle corresponden aos veciños e veciñas desta cidade durante o ano 2018 e que o goberno local se nega a demandar.
5.- Tres anos dun goberno que non quere escoitar
Para Iván Rivas o goberno de Angel Mato negouse a escoitar propostas desenvolvidas polo BNG para dar solución a problemas que hoxe cada vez se fan máis urxentes de resolver como é a xestión da depuradora ou a do transporte público.
Ao inicio do mandato propuxémoslle ao goberno local que crease unha empresa municipal de transporte e asumise a xestión do transporte antes de que a empresa concesionaria do servizo licitado pola Xunta iniciase a súa prestación. Hoxe os problemas de transporte son un dos máis destacados polos veciños da cidade produto da súa precarización derivado dos axustes e rortes nas concesións.
Propuxémoslles a devolución da EDAR para que oseu propietario, a Xunta se fixese cargo dela e evitar que os ferroláns pagasen a depuración dos veciños de Narón. Hoxe continuamos a pagar a depuración de Narón e o conflito lonxe de resolverse cada vez se enquista máis.
Propuxémoslles iniciar o camiño da municipalización de servizos como o lixo ou o mantemento de zonas verde. Hoxe continúan sen contrato.
Propuxémoslle a solución a problemas atascados durante anos como a situación dun espazo central e fundamental da cidade como o Sanchez Aguilera modificando o Plan xeral e desvinculando este espazo do convenio con defensa para crear unha gran zona verde no corazón da cidade sen necesidade de construír nin máis vivendas nin un centro comercial. Hoxe o problema continúa sen solución e a receita que nos propón o PSOE e o PP é a mesma que nos trouxo até a aquí hai xa 7 anos.
6.- Ferrol precisa un modelo de cidade moderno e diferente
Iván Rivas destacou para finalizar que este goberno pretende converter aos ferroláns en estatuas de sal mirando cara atrás na procura de solucións que xa sabemos que non dan resultado, como seguir pensando que a cidade se constrúe para os coches, que a privatización de servizos é a única opción ou que a economía e o problema de vivenda se resolve coa construción de novas urbanizacións.
Iván Rivas afirmou que Ferrol precisa mirar cara adiante con propostas alternativas ás que xa se teñen experimentado e solucións de futuro que den respostas as demandas dos seus veciños e veciñas. Ferrol precisa saír desta parálise cun modelo de cidade que experimente solucións de futuro que en outros lugares xa son fórmulas de éxito, como a xestión municipal dos servizos para xerar emprego e mellorar a súa prestación, creando novas zonas verde e recuperando as existentes antes que construíndo máis vivendas nunha cidade co 20% delas baleiras, ou recuperar o espazo público e as rúas para a xente apostando polo transporte público, a peonalización e a redución do tráfico rodado en detrimento de seguir entregando o espazo público da cidade ao vehículo privado.