O BNG e entidades deportivas da cidade piden un novo reparto de usos da piscina de Caranza

O BNG xunto a representantes de Sincro e Natación ferrol
O BNG xunto a representantes de Sincro e Natación ferrol
Iván Rivas, portavoz do BNG, sinalou que estes clubs referenciais da cidade teñen un problema, reiterado no tempo, que temos que resolver para que poidan desenvolver a súa actividade deportiva sen dificultades como acontece na actualidade debido a falta de horas na lámina de auga.
O BNG e entidades deportivas da cidade piden un novo reparto de usos da piscina de Caranza

Ferrol 21 de outubro de 2020. Esta mañá Iván Rivas, portavoz do BNG, e representantes dos clubs deportivos: Natación Ferrol e Sincro Ferrol (o club Triatlón Ferrol que non puido acudir) ofreceron unha rolda de prensa no concello para pedir ao goberno local que regule canto antes os usos da piscina do complexo deportivo Javier Gomez Noya, que elabore un novo regulamento e un reparto xusto desta instalación de cara a nova tempada.

Iván Rivas, portavoz do BNG, sinalou que estes clubs referenciais da cidade teñen un problema, reiterado no tempo, que temos que resolver para que poidan desenvolver a súa actividade deportiva sen dificultades como acontece na actualidade debido a falta de horas na lámina de auga.

O BNG lembra que a cidade conta con 3 piscinas de carácter publico: a de Caranza, a da Malata e a piscina de Batallóns, adscrita ao Ministerio de Defensa. Mais estes tres clubs están circunscritos exclusivamente ao uso da piscina de Caranza.

Esta instalación é de xestión municipal, e o reparto de usosda mesma está vinculado a un regulamento que non responde as necesidades destes 3 clubs e que dificulta a súa actividade. Ademais se atopan nunha situación de incerteza produto de que non saben cales van ser os criterios polos que van poder facer uso a instalación a vindeira tempada dado que o regulamento actual esta caducado e os criterios para repartir a lámina de auga están nunha indefinición absoluta.

O BNG defende que é necesario desenvolver un novo regulamento de usos, que sea eficaz e adaptado as necesidades destes clubs e que estas entidades poidan participar na elaboración dese regulamento. Para O BNG esta debe ser unha solución a curto prazo pero con vistas ao futuro as solucións pasan, por unha parte, poder dispoñer doutras instalacións para que estes clubs desenvolvan as súas actividades, parece lóxico que o concello solicite os usos da piscina de Batallóns, igual que parece lóxico regular un uso compartido da piscina da Malata. Así mesmo, é preciso que esta cidade comece a concretar a necesidade de contarmos unha nova piscina.

S.O. S do club Sincro Ferrol

Maria Permui, Directiva do club Sincro, lanzou esta mañá un grito de socorro dirixido ao concello de Ferrol porque co actual reparto, indicou, estamos ironicamente afogadas, porque pasamos de 56 a 14 horas semanais de adestramento de auga co que perdemos o 75% das horas que tiñamos. Están a adestrar máis horas de seco que de auga, somos un deporte de regadío que nos vemos obrigadas a converternos en secano.

Lembrou que as deportistas deste club adestran nunha semana o que outros clubs de Galicia adestran nun día. Denunciou que o actual reparto non se está a respectar e que o tiveron que asinar porque era iso ou botar os nenos e nenas a rúa. E sinalou que precisan ter un horario estabelecido desde o inicio da tempada para que as nosas deportistas poidan ter uns adestramentos de calidade e organizados.

É por isto que pediron ao concello que tome as rendas desta situación e xestione unha piscina municipal e exerza a responsabilidade que leva ignorando todos estes anos

Jorge Jimenez, Natación Ferrol

Jorge Jimenez, Director técnico do Natación Ferrol, sinalou se atopan nunha situación complicada, que o actual reparto non se está cumplindo e non entenden como despois de múltiples denuncias ao concello sobre esta situación, o concello non da ningunha resposta.

Temos adestrando a nenos apelotonados nunha mesma rua, cando a mesma hora hai rúas libres, por exemplo. Ademais non somos capaces de entender como as demandas dos nosos clubs de mais espazo para poder ter uns horarios que sexan iguais ao longo da semana, para non ter a nenas de entre 7 e 9 anos adestrando cada dia a unha hora diferente ou que teñamos que ir turnando os grupos para que todos poidan facer catro días a semana, se atopan sempre co silencio do concello.


 

O BNG e entidades deportivas da cidade piden un novo reparto de usos da piscina de Caranza