Estudantes da Naútico Pesqueira e o BNG concentanse mañá contra un Decreto inxusto
Ferrol 26 de setembro de 2013. Os estudantes da Escola Naútico Pesqueira de Ferrol e Bloque Nacionalista Galego van desenvolver, mañá venres 27 de setembro às 10 horas, unha concentración na Praza de Armas de Ferrol co obxectivo de esixir a retirada do Decreto 143/2013 que fixa os prezos para os servizos de residencia e comedor dos centros de formación marítimos-pesqueiros.
Esta medida de protesta, faise coincidir, coa celebración dunha reunión que se celebra à mesma hora, en Santiago, entre representantes dos alunos afectados e representantes da Consellería.
A aplicación deste decreto resulta unha tropelía ás expectativas de moitos mozos/as que comezaban o curso cunhas condicións e agora ven modificadas e que os aboca ao pago duns servizos ata agora gratuítos. Ademais con este decreto, a Consellería e Medio Rural e Mar da un paso máis na limitación de aceso do alumnado procedente de clases sociais máis castigadas pola crise impedíndolle a formación, tanto no ámbito náutico-pesqueiro como agro-forestal.