BNG solicita a comparecencia do Secretario de Estado de Defensa para informar do estado do Convenio
Ferrol 23 de xullo de 2013. O Bloque Nacionalista Galego por medio da Deputada, Rosana Pérez, ven de solicitar a comparecencia do Secretario de Estado de Defensa para explicar o incumprimento do Convenio asinado entre este Ministerio e o Concello de Ferrol en setembro de 2007, e para que informe se dito convenio segue vixente logo da inclusión de propiedades do Convenio no Programa para a posta en valor dos activos inmobiliarios do Estado.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que non existe nen por parte do Ministerio de Defensa nen por parte do Goberno Local interese algún en que os bens desafectados por Defensa revirtan no patrimonio municipal e censurou
que estas instalacións permanezan sen uso, ao tempo que permanecen nun estado de abandono absoluto.
O BNG lembra que o Ministerio de Defensa posúe na nosa cidade medio centenar de instalacións desafectadas que ocupan, en total, unha superficie de 1.491.592,89 m2.
Iván Rivas, portavoz nacionalista, considera vital para esta cidade que o Ministerio de Defensa ceda gratuitamente aos veciños e veciñas de Ferrol as instalacións desafectadas así como que compense económicamente à cidade polo elevado nivel de ocupación de terreos xa que esta situación provoca un permanente problema de ingresos na cidade ao non recibir ningún tipo de ingreso pola ocupación de todos estes terreos no Concello.