O BNG a respeito do modelo de Saneamento

O BNG a respeito do modelo de Saneamento

 

Ferrol 4 de setembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol logo de asistir no día de onte ao acto sobre o sistema de saneamento que se esta a desenvolver en Ferrol considera necesario apostar por un modelo de saneamento que sexa substentable dende un punto de vista ambiental que permita a progresiva implementación de procesos de reciclaxe de augas pluviais, a reducción de emisións de augas residuais á ría de Ferrol e unha maior substentabilidade económica.

Así mesmo desde o BNG queremos, ademáis, reiterar o noso rexeitamento ao convenio asinado co Ministerio de Fomento a través da empresa ACUAES para o saneamento do marxe dereito da ría de Ferrol e seguimos sen comprender o feito de que o resto de partidos políticos non se opuxesen á sinatura dun convenio altamente gravoso para esta cidade, por non abarcar o saneamento integral da Ría ao non incluir o colector xeral e por hipotecar aos veciños e veciñas deste concello durante máis de 45 mediante tarifas fixas para a execución da obra e tarifas variables para o seu mantemento que poden chegar a triplicar o coste actual e que até o de agora se descoñece o seu importe.

Para o BNG non é de recibo que o Estado non poña un só euro na execución dunha infraestrutura declarada de interés xeral e que teñamos que ser os veciños de Ferrol e Narón os que fagamos frente a parte destas obras e teñamos que pagar máis de 700.000 euros ao Estado.

Así mesmo censuramos que pese a ter que asumir o coste da infraestrutura e do seu mantemento os veciños e veciñas desta cidade non teñamos capacidade para decidir sobre a propia execución da obra tal e como estamos a ver respecto da ubicación do tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias.

É neste sentido que queremos reiterar o noso apoio as revindicacións e demandas dos veciños e veciñas que se opoñen á ubicación do tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias, tal e como fixemos no propio pleno municipal do mes de xullo ao presentar unha moción que demandaba o traslado do tanque e que non contou co apoio de ningún partido político excepto o BNG.

O BNG a respeito do modelo de Saneamento