O BNG contra a eliminación do profesorado de apoio as minorías étnicas
Ferrol 6 de setembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censura a decisión da Xunta de Galiza de eliminar o profesorado de apoio a minorías étnicas nos centros públicos da cidade afondando nos recortes aos que se somete ao ensino público.
O BNG considera que estamos ante un inicio do curso escolar caracterizado por unha política educativa continuísta do PP, alicerzada en laminar o ensino público en base a recortes sistemáticos, inxustificados, inaceptábeis e innecesarios.
Para o BNG a eliminación deste profesorado vai en detrimento da calidade do ensino xa que realizaba unha función necesaria de apoio escolar que agora pode incidir de xeito negativo no rendemento académico e no proceso de aprendizaxe.
O BNG advirte que estamos diante dun comezo de curso escolar tremendamente duro para o ensino público no que se dota aos centros dun número de profesorado insuficiente, no que haberá máis alumnado por aulas que veu caracterizado pola redución das axudas para os libros de texto nun 10% e gratuidade só limitada ao 60% , o que se vai traducir nun custe maior que o sistema de gratuidade total pola modalidade de préstamo anulada polo PP.