O BNG presenta unha moción de apoio as persoas denunciadas por reclamar a devolución do pazo de Meirás
O BNG censura que o alcalde de Ferrol incumpra o acordo plenario para recuperar o panteón do cemiterio municipal
Ferrol 25 de setembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou esta mañá a moción que defenderá no pleno de fin de mes e que ten que ver con algúns dos debates que se teñen producido nesta cidade nos últimos meses, indirectamente, co estado da tumba existente no cemiterio municipal da familia Franco. A moción presentada pretende recabar o apoio do pleno ás persoas denunciadas por reclamar a devolución do pazo de Meirás mediante nunha acción pacífica e que foron denunciadas pola fundación Francisco Franco e por familiares do dictador.
Desde o BNG cremos sobre isto é importante lembrar a actitude que esta a ter o alcalde de Ferrol quen semella o que insta é a regularizar aos familiares da familia Franco a situación na que se atopa o nicho municipal, porque se algo temos claro a estas alturas é que esa propiedade é de caracter municipal e que se agasallou mediante un acordo plenario. Lembra o BNG que o acordo plenario que se aprobou, neste concello, no mes de xullo foi recuperar esa propiedade para o cal o único que hai que facer é adoptar outro acordo plenario.
Para o BNG que o alcalde desta cidade inste á familia Franco a regularizar esta situación ou en todo caso a solicitar un novo nicho non ten nada que ver co acordo adoptado nomes de xullo e semella que o alcalde desta cidade está tomandose a broma problemas tan graves como o que ten que ver tanto coa propiedade dese nicho como coa propiedade do pazo de Meirás. Que o alcalde de Ferrol nos veña a dicir, ademáis, que os trámites son farragosos, cando os tramites que esta a afcer el ou que dicidiu facer el, consisten en notificar aos familiares o impago dunha propiedade que é municipal e que estan buscando a estes familiares cando simplemente consiste en notificar a dirección que estea a asignada no censo municipal, se non hai resposta facerlles unha comunicación nos medios de comunicación e se tampouco hai resposta adoptar neste caso a decisión de recuperación desa propiedade por impago dos impostos correspondentes como facemos o resto de veciños e veciñas desta cidade e que se xustifique ou se escuden detras de trámites farragosos cremos que non é admisible, non é de recibo e explica a actitude dun goberno municipal que, como xa dixemos en outras ocasións, non fai máis que manter a mesma situación en base a un criterio que fundamentalmente consiste en dicir en público o que queiras pero despois en privado obedecer ao que che din que tes que facer.
Semella que os acordos para este goberno local son unha broma pero cremos que tamén demostra o que esta a acontecer respecto das persoas que realizaron este acto no pazo de Meiras, o 30 de agosto de 2017, noné ningunha broma. A familia e a fundación Francisco Franco tramitou unha denuncia por unha acción pacífica e simbólica que reactivou o debate sobre a recuperación de propiedades adquiridas de modo fraudulento como son o pazo de Meiras, como poden ser as esculturas do Pórtico da Gloria, a casa de Cornide ou o panteon existentes no cemiterio municipal de Ferrol. Diante desta denuncia tramitada por eses familiares o alcalde de Ferrol considera que estas persoas deben recibir un trato digno e que deben ser tratadas con excepcionalidade solicitandolles a regularización da propiedade que teñen no concello de Ferrol.
A realidade é e as penas que solicitan para as persoas que participaron neste acto poden chegar aos 13 anos de cadea para cada unha desas perosas, que no computo total rondarían os 247 anos e o medio millon de euros. Cremos que esta denuncia é unha barbaridade, é unha barbaridade xudicial, pero o que nos importa a nós hoxe aquí e no pleno de fin de mes é que se trata dunha barbaridade politica porque os bens expoliados durante a dictadura continuan en mans da familia Franco sen pasar ao patrimonio publico.
Para o BNG rescatar o pazo de Meirás, rescatar a tumba que existe no cemiterio municipal de Ferrol é unha esixenciia democrática e é unha maneira de facer xustiza ás victimas da dictadura e que o goberno de Ferrol o tome os acordos plenarios como os esta a tomar non é admisíbel e por parte do BNG non o imos a tolerar.