O BNG leva a pleno a solución à falla de mantemento das parcelas do Bertón
O BNG propón que o Concello asuma a xestión directa do servizo de mantemento de zonas verdes
Ferrol 24 de setembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol xunto a unha representación veciñal do Bertón presentou esta mañá unha iniciativa que será debatida no pleno da corporación municipal instando ao goberno local a solucionar os problemas existentes no Bertón: desbrozando as parcelas da súa propiedade, acondicionando o parque canino, mellora na limpeza e conservación e mantemento do mobiliario urbano para o que o empraza á formalización dun contrato para os traballos de mantemento e limpeza de zonas verdes nas parcelas municipais do Bertón no prazo de 15 días mediante o procedimiento aberto supersimplificado previsto na Lei 9/ 2017 de Contratos do sector público.
O BNG na súa proposta tamén propón un cambio no modelo de xestión de servizo para o mantemento de zonas verdes de todo o termo municipal. Neste senso demandase que o Concello desenvolva de maneira propia o inventario de zonas verdes a conservar dentro do ámbito do termo municipal e que en base a elaboración dese inventario sexa o rpopio Concello quen asuma a xestión directa dese servizo. Deixando, así, de seguir facendo concesións a empresas privadas que estan provocando situacións como a que se esta a vivir no Bertón.
O BNG destaca que a situación actual que se está a vivir no Bertón, pola falla de mantemento das zonas verdes e de lecer deriva dunha situiación recurrente e denunciada periodicamente polo BNG como é a situación de abandono, en concreto das zonas verdes do barrio do Bertón. Lembrar que os veciños e veciñas dese ambito da cidade xa tiveron que padecer ao longo de moitisimos anos, no mandato anterior, uns proxectos de urbanización con retrasos constantes nas obras, con demandas dos veciños e das veciñas sobre a maneira en que se estaban a executar, con convenios que non se estaban a asinar que derivaron en mobilizacións que fixeron posíbel que ese proceso de urbanización se acometera dunha vez.
Despois dese proceso nos atopamos con que as zonas verdes que existen no momento actual nese barrio tanto aquelas propiedade da Xunta de Galiza, como as propiedades da administración municipal de Ferrol se atopan nunha situación de abandono permanente e en concreto as que dependen do concello de Ferrol. A situación actual é que este concello non ten vixente un contrato para a prestación do servizo de mantemento de zonas verdes que caducou en decembro de 2016 e que o acalde desta cidade decidiu prorrogar durante un ano en xaneiro de 2017, por importe du 1,1 millón de euros. Máis aló desta decisión, a zona do Bertón estaba excluida dese contrato que non era máis que unha prorroga do contrato que deixou o PP vixente neste concello.
Xa daquela estabamos diante dun contrato que xa era deficiente e precario e que aínda así o actual goberno de Ferrol en Comun asumiu desde que chegou ao goberno desta cidade. Non só o asumiu senón que o prorrogou nas mesmas condicións e nos mesmos termos en que o PP o deixara vixente, para posteriormente chegar a situación actual na que carecemos de contrato e onde a proposta que fai o actual goberno para a prestación deste servizo é un prego de condicións que basicamente reproduce os mesmos termos nos que o PP xestionaba este servizo polo que se fai necesario avogar por un cambio no modelo da 'prestación do servizo.
O BNG destacou que a na proposta que vai a pleno dáselle ao goberno 15 días de prazo, pero como xa nos coñecemos todos e todas e sabemos que a moción se vai aprobar no pleno, estamoslle dando 15 días que non son por que si. A lei permite facelo en 15 días e si esto non se efectiviza pois teremos que emprender un camiño que pasará por mobilizacións e concentracións nas que os veciños e veciñas volverán a dicir claramente que esta fartos dunha situación que é insostíbel.