O BNG pide ao goberno local que asuma a súa responsabilidade sobre o mercado de nadal.

Grupo municial BNG
Grupo municial BNG
Iván Rivas, portavoz nacionalista, considera inxustificable o comportamento do goberno local no referente á organización deste evento e recalca que o goberno municipal segue sen dar ningún tipo de explicacións sobre a súa xestión para a celebración desta feira,
O BNG pide ao goberno local que asuma a súa responsabilidade sobre o mercado de nadal.

Ferrol 12 de decembro de 2022. Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, pediu esta mañá ao goberno municipal que asuma a súa responsabilidade e organice a celebración do mercado de nadal facilitando a participación no mesmo das artesáns e artesás da nosa cidade.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, considera inxustificable o comportamento do goberno local no referente á organización deste evento e recalca que o goberno municipal segue sen dar ningún tipo de explicacións sobre a súa xestión para a celebración desta feira, limitándose, agora, a culpabilizar a artesás e organizacións políticas da non celebración deste evento. Rivas censura que no canto de correxir os erros cometidos na organización desta feira e darlle solución aos artesáns e artesás da cidadde, o goberno local duplica o seu erro ao negar a celebración desta, e exixe ao Alcalde que actúe como tal, aportando solucións aos veciños e veciñas e non creando máis problemas.

O BNG considera que o Goberno local ten os medios necesarios ao seu alcance para organizar o mercado de nadal, e darlle cabida ao tecido artesanal da nosa cidade e que sirva como un reclamo de dinamización económica durante os días da nadal .

Iván Rivas considera que ademais o goberno municipal de Ferrol ten pendente dar moitas explicacións sobre a súa actuación neste tema antes de botar balóns fora e culpabilizar a outros das súas decisións. Desde o BNG consideramos oportuno que o goberno local aclare se existía algún tipo de contrato para desenvolver esta actividade e se avalaba as pretensións dalgunha empresa sen ter pechado a súa contratación.

 

O BNG pide ao goberno local que asuma a súa responsabilidade sobre o mercado de nadal.