COMUNICADO DE PRENSA

O BNG formula as súas propostas à ordenanza xeral de subvencións do Concello de Ferrol

O BNG formula as súas propostas à ordenanza xeral de subvencións do Concello de Ferrol

Ferrol 4 de setembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol lonxe de entrar no debate das formas en que se perden Ferrol en común e o PP considera que é preceptivo adaptar a ordenanza de subvencións cando menos en tres aspectos básicos: Axilizar os pagos, facilitar os trámites e limitar as subvencións nominativas.

 

O BNG presentou no día de hoxe a súa proposta sobre os criterios que se deberan ter en conta na Ordenanza que o goberno local pretende aprobar.

 

En primeiro lugar o BNG demandou ao goberno que estabeleza límites tanto temporais como económicos as subvencións nominativas que esta ordenanza contempla.

 

O tratamento habitual que Ferrol en Común fai das subvencións nominativas é unha perversión mesma do sentido destas e con este obxectivo demandamos o estabelecemento de límites tanto temporais como económicos.

 

As subvencións nominativas teñen un caracter excepcional que este goberno convertiu en habitual desenvolvendo unha política clientelar á que compre poñenr cando menos límites.

 

Por ese motivo compre estabelecer un límite económico relativo porcentual respecto das de concorrencia competitiva para estas subvencións así como un limite absoluto no orzamento municipal, hai que lembrar que o concello de ferrol gasta só en subvencións nominativas 1.548.424€ ao ano.

 

Do mesmo modo é unha total distorisón que ano tras ano se repitan as mesmas subvencións nominativas cos mesmos obxectivos e nos mesmos termos. Por iso demandamos que as subvencións nominativas non sexan prorrogables ano tras ano (algo que xa impide a lexislación pero que este goberno obvia).

 

Desde o BNG demandamos que as subvencións nominativas non poidan repertirse ano tras ano e que polo tanto teñan caracter anual. Si por algunha circustancia excepcional a subvencións debe ter caracter plurianual deberá estar totalmente xustificado ase necsdidade e quedar reflectido as anualidades ás que se refire a subvención e os conceptos.

 

Ademais para o BNG a ordenanza de subvencións debería recoller as demandas históricas e reiterdas das asociacións que as solicitan.

 

Por este motivo deberiamos ter en conta as demandas das asociacións e que este goberno decidiu desbotar. Desde o BNG esta ordenanza debería axilizar os pagos e facilitar os trámites co obxecto de colaborar en que as asociacións poidan desenvolver as súas actividades.

 

Por este motivo demandamos que se recolla nesta ordenanza :

 

- Admitir o pago en efectivo para os gastos a xustificar

- Posibilitar o pago anticipado à xustificación da subvención

- Posibilitar que as asociacións poidan reformula a solicitude

O BNG formula as súas propostas à ordenanza xeral de subvencións do Concello de Ferrol