O BNG esixe ao goberno local que xestione a cesión do campo de futbol de San Xoán
Ferrol 25 de abril de 2013. O Bloque Nacionalista galego de Ferrol solicita ao goberno local de Rey Varela que xestione a cesión gratuita do campo de futbol de san xoan para o seu aproveitamento deportivo e esparcimento lúdico no barrio.
O BNG lembra que este barrio é dos poucos da cidade que carece dun espazo libre, adicado á práctica deportiva, e resulta unha paradoxa que pese a ter esta necesidade esta instalación deportiva se atope pechada e sen ningún tipo de uso.
Desde o BNG mantivemos un encontro coa directiva da asociación veciñal de San Xoán para abordar esta cuestión e a súas demandas sobre os usos desta area deportiva que na actualidade se atopa infrautilizada e da que o barrio podería beneficiarse.
O BNG considera que o Concello de Ferrol debería xestionar co propietario desta parcela que é Nova Galicia Banco a súa cesión gratuita para poñela a disposición dos veciños e das entidades deportivas que estiveran interesadas na súa utilización.