O BNG esixe ao goberno que desenvolva unha política activa na recuperación urbanística da cidade

O BNG esixe ao goberno que desenvolva unha política activa na recuperación urbanística da cidade

Ferrol 19 de abril de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera imprescindíbel que o concello poña a funcionar de xeito inmediato os instrumentos cos que conta a administración local para por freo ao deterioro urbanístico da cidade e como xeito de revertir os dados sobre a situación da vivenda na cidade feitos públicos esta semana no último informe do INE.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que os instrumentos administrativos que ten o concello para garantir a conservación dos inmobles na cidade deben ser postos en pratica e censurou que o Goberno Local só desenvolva unha actuación meramente formal e só cando se ve obrigado polas circustancias. Non vale de nada que se aproben normas e ordenanzas municipais se despois están non se executan.

O BNG sinala que à vista dos dados do informe elaborado polo INE sobre a situación da vivenda destaca o elevado indice de vivenda desabitadas que tena nosa cidade que se situa nun 19,7%, unha cifra superior à media galega que se situa no 18% e que situa a Galiza como o a primeira porcentaxe máis alta dentro do estado español.

O BNG lembra que a Ordenanza de Inspección técnica de Edificios, aprobada hai 3 anos (o 15 de xaneiro de 2010) segue paralizada desde aquela xa que non se publicou aínda o bando municipal no que se establece a lista de inmobles obrigados a achegar a inspección técnica de edificios. Así mesmo non se ten disposto ningún réxime de subvencións para sufragar os gastos, correspondentes á elaboración desta inspección.

 

E tampouco se teñen establecido ningún tipo de convenio de colaboración con organismos ou colectivos profesionais para a difusión e información da ordenanza e os criterios de rehabilitación.

 

Para o BNG resultaría preciso a posta en funcionamento do Rexistro de Solares, xa que non se desenvolveu, nin se iniciou o proceso de inclusión das edificacións neste rexistro que incluiría os solares e os terreos sen urbanizar e para as edificacións ruinosas ou inadecuadas.

 

Asi mesmo o estado de parálise do Patrimonio Municipal do Solo que non se dotou de partida orzamentaria, o que permitiría actuar en barrios como Ferrol Vello, tanto a nivel urbanístico como sobre as edificacións, e lembrou o abandono das edificacións de titularidade pública.

O BNG considera que a administración local debe de fomentar, informar e intervir, ademáis de promover a presenza pública no solo urbano co fin de desenvolver unha política activa de rehabilitación desde a propia administración e é por esto que demandamos a habilitación das vivendas do barrio de Recimil e a súa entrega aos veciños e veciñas da cidade, impostos á segundas vivendas baleiras e a recuperación das vivendas abandonadas para a súa transormación en vivendas sociais.

Iván Rivas, portavoz nacionalista, indica que a rehabilitación do patrimonio urbano-arquitectónico non debe verse como accións nostálxicas para recuperar o pasado, debe concebirse como parte da solución do déficit cualitativo da vivenda, para mellorar a habitabilidade dos inmobles e por tanto das condicións de vida das familias

O BNG esixe ao goberno que desenvolva unha política activa na recuperación urbanística da cidade