Presentada unha moción contra o "Trazado sur" do aceso ferroviario ao porto exterior
Ferrol 19 de abril de 2013. O BNG apoia e participa das mobilizacions e actos que está a desenvolver o colectivo de entidades que se opoñen ao trazado sur do aceso ferroviario ao porto exterior e por este motivo e a instancias deste colectivo ven de asinar xunto a outras forzas políticas con representación municipal unha moción para que o pleno se posicione a favor do trazado norte desta infraestrutura e en contra da execución do trazado sur tal e como está plantexado na D.I.A.
A moción que será debatida no vindeiro pleno da corporación que se celebra o vindeiro xoves, 25 de abril, é a que segue:
O Goberno Central acaba de publicar (no B.O.E do día 06/04/2013) a declaración de impacto ambiental do proxecto de conexión ferroviaria co Porto Exterior de Ferrol.
Na mesma, o órgano ambiental declarou, xa de principio, que se detectaban carencias substantivas e fundamentais no estudio informativo e que existían algunos aspectos fundamentales del estudio que precisaban ser ampliados y actualizados, polo cal a citada autoridade medioambiental solicitoulle á dirección general de ferrocarriles novos estudos e informes sobre aspectos fundamentais do estudio informativo
Ditos estudos e informes complementarios (extensamente reflectidas no punto 3.3.1 da D.I.A.), non teñen nada de complementarios se non que practicamente configuran un novo estudio informativo pola sua extensión e alcance.
É evidente que dada esa extensión e alcance dos informes complementarios, éstos puideron supoñer un factor cuase que determinante na elección por parte do órgano ambiental en favor da alternativa sur do acceso do tren ó porto exterior, xa que están referidas exclusivamente á alternativa sur cando as outras dúas alternativas precisarían das mesmas informacións.
Ditas informacións complementarias non foron facilitadas ás entidades e resto de colectivos que fixeron alegacións para a súa valoración, estudo e alegacións pertinentes,a pesares do carácter substancial de ditas informacións complementarias, e que baseándose no artigo 10.8 do R.D. 2387/2004, de 30 de decembro polo que se aproba o Regulamento de Sector Ferroviario, podería dar lugar ó establecemento dun novo período de información pública do estudo informativo.
Isto incluso tendo constancia de que, á vista das informacións publicadas nos medios de comunicación social, o día 14/03/2013 o colectivo social formado por 28 asociacións de veciños, sociais, culturais e deportivas e dous particulares presentou escrito á Subdirección Xeral de Planificación e Proxectos do Ministerio de Fomento solicitando expresamente a entrega da devandita documentación para a correspondente valoración,e elo, con base legal no Convenio da Comisión Económica para Europa das Nacións Unidas, sobre acceso á información, a participación do público na toma de decisións e acceso a xustiza en materia de medio ambiente, firmado en Aahrus (Dinamarca) na data de 15/06/1998 e regulado no artigo 9 do dito convenio.
Nembargantes, a cuestión fundamental do proxecto é que a alternativa sur, tal e como vai plantexada na D.I.A., vai a supoñer un atentado medioambiental gravísimo, causando unha alteración sobre o fluxo e o réxime hidrodinámico da auga na enseada da Malata (como a propia D.I.A. reecoñece). Esta enseada mantén aínda valores mediambientais, e socio-económicos a pesar do moito que teñen mermado estes valores trala construción do peirao carboeiro e o posterior peche dos ollos da ponte que comunicaba a enseada co peirao Fernández Ladreda.
A construción do tren pola vía norte podería supoñer a mellor comunicación deste porto exterior con polígonos industriais (actuais e futuros) da comarca, e, a maiores, ten un menor impacto ambiental ó transcorrer prácticamente na súa totalidade por túnel, a pesar de que isto supoña a extracción dunha maior cantidade de refugallos.
Por todo o que estamos a expoñer solicitamos do Pleno do Concello de Ferrol a aprobación das seguintes PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN:
O pleno do concello de Ferrol insta ao Ministerio de Fomento a que facilite a todos os interesados que fixeron alegacións ó estudio informativo, a información complementaria solicitada polo órgano ambiental descrita no apartado 3.3.1 da resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental, que foi recibida polo ministerio de medio ambiente en data 17/09/2012, e máis a documentación adicional que recibida no mesmo organismo na data 21/11/2012, ambas remitidas polo promotor, a Dirección Xeral de Ferrocarrís; e toda aquela documentación, informes (por exemplo o de Augas de -Galicia de data 28/11/2013), ou calquera outra documentación atinxente ó expediente recibida polo órgano ambiental a posteriori das datas citadas.
Que o pleno se manifeste a favor do trazado norte desta infraestrutura e en contra da execución do trazado sur tal e como está plantexado na D.I.A., excepto que esta alternativa sexa modificada de xeito que non cause un prexuízo medioambiental crítico que afecte á navegabilidade, nin modifique ou merme os usos públicos que ate este momento ten esta enseada.