O BNG demanda melloras na sanidade e chama a secundar ás mobilizacións de SOS-Sanidade Pública.

DSC_0079 (1)
Iván Rivas de reparto diante do ambulatorio.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que é preciso implementar medidas que nos fagan sair da actual situación para o que é preciso reforzar a sanidade pública e deixar de insistir nun proceso de privatización e adelgazamento dese servizo básico ao que temos todas dereito.

 

 

 

 

 

 

O BNG demanda melloras na sanidade e chama a secundar ás mobilizacións de SOS-Sanidade Pública.

Ferrol 20 de abril de 2021. O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu esta mañá un reparto informativo coa participación do portavoz municipal, Iván Rivas, e do Deputado, Mon Fernández, para dar a coñecer as súas propostas de cara a mellorar a sanidade pública e facer unha chamada á participación na mobilización convocada por SOS -Sanidade Pública mañá mércores 21 de abril, às 20 horas, diante do ambulatorio.

 

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que é preciso implementar medidas que nos fagan sair da actual situación para o que é preciso reforzar a sanidade pública e deixar de insistir nun proceso de privatización e adelgazamento dese servizo básico ao que temos todas dereito.

 

Rivas indicou que a crise sanitaria da Covid 19, como en tantos outros aspectos da nosa vida cotiá, deixou ao descuberto as consecuencias de décadas de políticas de acoso e derribo da sanidade pública desenvolvidas tanto pola Xunta de Galiza como polo goberno do estado. A situación que vivimos ao longo destes meses é produto da falla de recursos económicos que a administración estatal asigna aos galegos e galegas para xestionar unha sanidade descentralizada na xestión, pero ferreamente controlada e centralizada na súa dotación económica. Por outra parte é produto dunha xestión deses recursos económicos por parte da Xunta de Galiza orientados cara o adelgazamento da sanidade pública e a promocion da sanidade privada.

 

En Ferrol vivimos esta realidade dunha maneira máis crua, se cabe. Evidenciouse na salvagarda desa sanidade privada a cal non se lle derivou un só paciente con Covid 19, ao longo da última vaga deste ano 2021. Evidenciouse tamén na carencia de recursos humanos e que pese a existir os espazos para poder desenvolver a atención a eses pacientes tiveron que ser derivados a outras áreas sanitarias como a de Lugo e Pontevedra produto de non contarmos cos medios e os recursos humanos para poder atendelos e se evidenciou en que existen, a dia de hoxe, listas de espera de semanas para conquerir unha cita, situacións provocadas polo peche de centros de atención primaria ao longo dos últimos anos, como o exemplo do consultorio da Graña pechado no mandato do PP nesta cidade.

 

Iván Rivas afirmou que en Ferrol e nesta comarca o obxectivo pasa por dotar e mellorar a atención primaria, reabrindo os consultorios pechados como o da Graña, pasa por mellorar o cadro de persoal dotandoo dos recursos humanos que permitan poñer a funcionar areas hoxe clausuradas como as que existen no Hospital Naval. Pasa por acometer dunha vez os investimentos durante tanto tempo demandados para a renovación do complexo hospitalario da cidade e pasa por desenvolver un plan de choque para a reactivación das intervencións quirúrxicas, das probas e das consultas presenciais.

 

Para o BNG se algo debemos ter aprendido do que ten acontecido ao longo do último ano é que a sanidade pública é un dos nosos piares como sociedade e o obxectivo pasa por reforzala, mellorala e consolidala para o futuro. Por siso facemos unha chamada a secundar a mobilización convocada mañá na nosa cidade pola plataforma SOS-Sanidade Pública.

O BNG demanda melloras na sanidade e chama a secundar ás mobilizacións de SOS-Sanidade Pública.